Aurora Arnáiz Amigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurora Arnáiz Amigo
Biografía
Nacemento15 de maio de 1913 Editar o valor em Wikidata
Sestao, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , política , xurista , profesora universitaria , avogada Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Aurora Arnáiz Amigo, nada en Sestao (Biscaia) o 15 de maio de 1913 e finada na Cidade de México o 21 de xaneiro de 2009, foi unha escritora, profesora universitaria, avogada e política española. Militou nas Juventudes Socialistas Unificadas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Francisco Arnáiz, líder sindical socialista, coñeceu desde nena as loitas sindicais. Estudou bacharelato en Bilbao no colexio de Juana Whitney, nai de María e Ramiro de Maeztu. Matriculouse na Escola de Altos Estudos Mercantís de Bilbao e obtivo o título de perito mercantil en 1933.[2] Ese ano trasladouse a Madrid para estudar Dereito na Universidade Central. Durante un tempo aloxouse na Residencia de Señoritas, onde realizaba traballos de servizo para sufragar os gastos da súa estancia.[2]

Aos 18 anos afiliouse ás Xuventudes Socialistas e participou na creación da Federación de Universitarios Vascos. En xullo de 1936, con 23 anos, participou na organización da primeira columna das Xuventudes que se parapetou no Alto do León para facer fronte ás tropas franquistas. Durante a guerra a súa actividade foi intensa. Foi nomeada comisaria política de Brigada e representante das Xuventudes na Unificación das Xuventudes Socialistas e Comunistas.[2]

En 1937 casou con José Cazorla, quen foi nomeado Gobernador de Albacete e despois de Guadalaxara. Trasladáronse a vivir a estas cidades, nas que desenvolveron unha intensa actividade política. En Guadalaxara naceu o fillo de ambos, en agosto de 1938.[2]

Foi detida xunto ao seu marido en marzo de 1939, tras o golpe de Casado. Por orde de Cipriano Mera ingresou na prisión de Guadalaxara. Alí morreu o seu fillo, de só seis meses, por falta de asistencia médica.[2]

Coa derrota do bando republicano, o matrimonio quedou en liberdade. José Cazorla decidiu quedar en Madrid para organizar a resistencia antifranquista. Pola súa parte, Aurora iniciou unha longa viaxe até atravesar a fronteira en Cataluña. Desde alí dirixiuse a París, onde colaborou no servizo de atención aos refuxiados.[2]

O 1 de decembro de 1939 conseguiu unha pasaxe cara a Santo Domingo. Dende alí dirixiuse despois a Cuba, onde coñeceu a morte do seu esposo, detido e executado polos franquistas. De Cuba dirixiuse a México, país no que conseguiu refacer a súa vida persoal e profesional.

Xa en México, país no que chegou a nacionalizarse, coñeceu o salmantino Emilio Rodríguez Mato, con quen casou e tivo dous fillos. En 1952 doutorouse en Dereito Constitucional na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). En 1954 logrou nesta Universidade a primeira cátedra para unha muller en México.[2] Desempeñou nela a súa vida profesional impartindo clases de Dereito Constitucional, Teoría Xurídica contemporánea e Teoría Xeral do Estado.

Foi, amais, secretaria xeral da Asociación de Colexios da Facultade de Dereito Mercantil, Presidenta honoraria e asesora emérita do Colexio de Avogados de México e membro da International Political Sciences Asociation.

O 14 de decembro de 1995, en recoñecemento á súa sobresaliente traxectoria, foi nomeada Mestra Emérita da UNAM. Converteuse na primeira muller en obter esa distinción na Facultade de Dereito da UNAM.[3] A aula de Dereito (salón 303) leva o seu nome.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Idea e ideología en la ciencia política (1952). Tese de licenciatura. Facultad de Derecho, UNAM
  • Ética y Estado (1959). UNAM, Editorial Universitaria
  • Ciencia del Estado (1959). Antigua Librería Robredo
  • Soberanía y potestad: de la soberanía del pueblo (1971). 2 tomos, Porrúa
  • Instituciones constitucionales mexicanas (1975). UNAM
  • Feminismo y femineidad (1978). UNAM
  • Estructura del Estado (1979). Porrúa
  • Soberanía y potestad: de la soberanía del pueblo, de la potestad del Estado (1981). 2 tomos, Porrúa
  • Ciencia política: estudio doctrinario de sus instituciones (1984). Porrúa
  • El Estado y sus fundamentos institucionales (1995). Trillas
  • Retrato hablado de Luisa Julián (1996). Compañía Literaria
  • El alma política primitiva (1999). Cárdenas
  • El origen contractual del estado y su justificación histórica (1999). McGraw-Hill Interamericana
  • Historia constitucional de México (1999). Trillas
  • Ciencia política, estudio doctrinario de sus instituciones (1999). Dirección general de Publicaciones y Fomento Editorial, UNAM
  • Antonio Caso. Filósofo, universitario y rector (2002). Facultad de Derecho-UNAM, Porrúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zabala, José Ramón. "Biografía de Aurora Arnáiz". Hamaika Bide Elkartea (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Torres, María. "1493. Aurora Arnaiz Amigo". Búscame en el ciclo de la vida (en castelán). 
  3. "Arnaiz Amigo, Aurora". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). 
  4. "Arnáiz Amigo, Aurora". Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodrigo, Antonina (1999). "Aurora Arnáiz Amigo". Mujer y exilio. 1939 (en castelán). Madrid: Compañía Literaria. ISBN 9788482130637. 
  • Zabala, Joxerra (2003). "Pero quién es Aurora Arnáiz?". Gara (en castelán) (Donostia).