Ramón Margalef (2011)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón Margalef (2011)
Historial
Características xerais

O Ramón Margalef é un buque oceanográfico operado polo Instituto Español de Oceanografía, que foi botado o 21 de febreiro de 2011[1] e que entrou en servizo en setembro de 2012. É o primeiro dos dous buques da súa clase, o seu xemelgo, o Ángeles Alvariño entrou en servizo en xullo de 2012. Recibe o seu nome na honra de Ramón Margalef.

Historial[editar | editar a fonte]

O Ramón Margalef participou na vixilancia da erupción submarina de El Hierro de 2011 para estudar as súas consecuencias, así como para cartografar o cono volcánico.[2][3][4]

Entrou en augas reclamadas por Xibraltar para investigar os efectos do lanzamento de bloques de formigón e pedras de canteira nos ecosistemas mariños a petición da Fiscalía Xeral do Estado,[5] provocando que o embaixador de España no Reino Unido fose chamado a consulta en Londres.[6][7]

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha eslora de 46 m, unha manga de 10,5 m e un calado de 4 m; a súa característica proa é de tipo finlandés. Para a súa propulsión, conta con tres alternadores diésel cunha potencia de 1040 hp cada un deles, que activan dous convertedores de frecuencia (Ingeteam) e estes, á súa vez, moven dous motores eléctricos (Indar) de 900 kW cada un deles; para casos de emerxencia, dispón doutro alternador máis, así como dun quinto alternador de 274 hp para dar servizo eléctrico ao buque cando se encontra en porto. Está cualificado como "barco limpo e sen ruído".[8]

Está dotado de quilla retráctil na que ten dispostas sondas e cámaras, así como dunha trapela desde a que se controla un robot non tripulado.

A súa autonomía é de 10 días, e conta con espazo para 11 investigadores e técnicos e 12 tripulantes. O seu deseño permítelle emitir niveis moi baixos de ruído á auga, o cal permite que a súa navegación non afecte ao comportamento da fauna mariña nos seus arredores.

Construción[editar | editar a fonte]

Foi construído nos Astilleros Armón Vigo, onde foi botado o 21 de febreiro de 2011 en presenza da entón ministra de ciencia e innovación Cristina Garmendia. A madriña do buque foi Rosalía Mera, presidenta da fundación Paideia Galiza. O buque foi deseñado e comezou a súa construción en Astilleros M. Cíes. Despois do peche deste estaleiro, o buque foi transferido a Astilleros Armón nun estado moi avanzado de construción e estando o barco á boia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]