Ángeles Alvariño (2012)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángeles Alvariño (2012)
B/O Ángeles Alvariño
Historial  España
Estaleiro Estaleiros Armón Vigo
Clase Clase Ramón Margalef
Tipo Buque oceanográfico
Operador Instituto Español de Oceanografía
Porto de rexistro Vigo
Botado 24 de febreiro de 2012
Asignado Xullo de 2012
Características xerais
Eslora 46,7 m
Manga 10,50 m
Puntal 4,6 m
Calado 4 m
Propulsión • 3 alternadores diésel Guascor F480TA-SG
• 1 alternador de porto Guascor F48TA-SG
• 1 alternador de emerxencia Guascor H33T
2 motores eléctricos
• 2 hélices de ø2,3 m
• Hélices transversais a proa e popa
Potencia • Alternadores diésel: 3 × 1040 hp
• Alternador de porto: 274 hp
• Motores eléctricos: 2 × 900 kW
Velocidade 13 nós
Autonomía 10 días
Tripulación 12 tripulantes, e 11 investigadores e técnicos

O Ángeles Alvariño é un buque oceanográfico construído nos Estaleiros Armón Vigo e operado polo Instituto Español de Oceanografía, que foi botado en Vigo o 21 de febreiro de 2011, e que entrou en servizo en setembro de 2012.

É o segundo dos dous buques da súa clase; o seu xemelgo, o Ramón Margalef, entrou en servizo en xullo de 2012.

Conta con tecnoloxía avanzada para realizar campañas de investigación de xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía mariña, pescarías e control medioambiental, e é es case idéntico ao Ramón Margalef, tamén do IEO. Ambos os buques son idóneos para navegaren no ámbito nacional e mares adxacentes.[1]

Recibe o seu nome en honor da oceanógrafa galega María de los Ángeles Alvariño.

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha eslora de 46 m, unha manga de 10,5 m e un calado de 4 m; a súa característica proa é de tipo finlandés. Para a súa propulsión, conta con tres alternadores diésel conha potencia de 1040 hp cada un deles, que activan dous convertedores de frecuencia (Ingeteam) e estes, á súa vez, moven dous motores eléctricos (Indar) de 900 kW cada un deles; para casos de emerxencia, dispón doutro alternador máis, así como dun quinto alternador de 274 hp para dar servizo eléctrico ao buque cando se encontra en porto. Está cualificado como "barco limpo e sen ruído".[2]

Está dotado de quilla retráctil na que ten dispostas sondas e cámaras, así como dunha trapela desde a que se controla un robot non tripulado.

A súa autonomía é de 10 días, e conta con espazo para 11 investigadores e técnicos e 12 tripulantes. O seu deseño permítelle emitir niveis moi baixos de ruído á auga, o cal permite que a súa navegación non afecte ao comportamento da fauna mariña nos seus arredores

Construción[editar | editar a fonte]

O buque foi construído nos estaleiros Armón de Vigo, onde foi botado o 24 de febreiro de 2012,[1][3] sendo amadriñado por Ángeles Leira Álvariño, filla de Ángeles Alvariño. Entrou en servizo en xullo do mesmo ano.

Historial[editar | editar a fonte]

En 2013 durante a "misión Ofión", na cal en colaboración coa Armada Española, buscábanse os restos dun galeón español afundido nas illas Cíes tras a batalla de Rande, localizou o pecio do submarino alemán U-134.[4]

O 2 de abril de 2014, unha patrulleira da Garda Civil acudiu á chamada de auxilio do Ángeles Alvariño, que fora interceptado con manobras perigosas por patrulleiras xibraltareñas mentres recollía mostras en augas españolas, fóra das augas que Xibraltar reclama como propias. A patrulleira española foi, á súa vez, interceptada por patrulleiras xibraltareñas, dando lugar a que o Ministerio de Asuntos Exteriores británico chamara por cuarta vez a consultas ao embaixador español en Londres, Federico Trillo, cualificando o suceso de "grave intrusión".[5]

O 5 de outubro do mesmo ano 2014, mentres realizaba tarefas científicas escoltado por dúas patrulleiras da Garda Civil, foi obrigado a abandonar as mesmas augas por forzas da policía xibraltareña e da Royal Navy, polo que tivo que poñer rumbo a Ceuta.[6]

Unha situación similar repitiuse o 3 de xullo de 2015 nas mesmas augas cando o Ángeles Alvariño foi acosado polo HMS Sabre e unha patrulleira da Royal Gibraltar Police, que provocou a intervención da patrulliera da Garda Civil Río Tormes, até que o buque oceanográfico se afastou da zona en conflito.[7]

Desde mediados de agosto de 2015 participou nunha expedición arqueolóxica para a recuperación de distintos obxectos procedentes da fragata de 1786 Nuestra Señora de las Mercedes, que foron desembarcados en Cartagena, despois de que a administración do pecio fora concedida en 2012 por un tribunal dos Estados Unidos a España.[8][9] En setembro de 2016 realizou unha segunda expedición arqueolóxica ao citado pecio para determinar o estado dos restos do buque.[10]

O 20 de novembro de 2016 foi acosado de novo pola patrulleira británica de Xibraltar HMS Sabre menteas efectuaba traballos de estudo sobre a xeoloxía e o hábitat submarino do canón de Alxeciras; a patrulliera chegou a disparar varias bengalas contra un buque de investigación.[11][12][13]

Premio[editar | editar a fonte]

  • No ano 2012 o Ángeles Alvariño alcanzou o terceiro lugar no concurso "Buques Destacados", organizado anualmente polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Nuevo buque oceanográfico español". El País (en castelán). Madrid. 24-02-2012. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  2. Angeles Alvarino en www.marinetraffic.com.
  3. Alberto González-Garcés Santiso (2016): Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine.. Madrid: Instituto Español de Oceanografía. ISBN 978-84-9587-754-3, p. 122.
  4. "El submarino de Cíes que derribó un zepelín". Faro de Vigo. 21 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  5. "Patrulleras de Gibraltar interceptan a la Guardia Civil en aguas españolas". El País. 2 de abril de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  6. "Gibraltar vuelve a expulsar a un barco oceanográfico español de la Bahía". Europasur. 6 de outubro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  7. "La Royal Navy hostiga a un buque español en aguas próximas a Gibraltar". La Razón. 3 de xullo de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  8. Blanco, Nacho (27 de agosto de 2015). "España ya controla a 1.330 metros las riquezas de «La Mercedes»". La Voz de Galicia. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  9. López, Antonio (27 de agosto de 2015). "Tras los restos de la 'Mercedes'". La Verdad de Murcia. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  10. "La segunda expedición al pecio de la fragata 'Mercedes' parte desde el puerto de Cartagena". 20 minutos. 7 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  11. "El Ángeles Alvariño acosado por las autoridades de Gibraltar". Cadena SER. 21 de novembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  12. "Armada británica lanza bengalas contra buque español en Gibraltar". 21 de novembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  13. "La Royal Navy dispara bengalas contra una embarcación española en aguas de Gibraltar". ABC. 21 de novembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  14. Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (24 de xuño de 2018). "3º Clasificado 2012". Ingenieros Navales. Consultado o 10 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]