Assassin's Creed Odyssey
Assassin's Creed Odyssey | |
---|---|
![]() Logo do videoxogo. | |
Desenvolvedor(es) | Ubisoft Quebec |
Distribuidora(s) | Ubisoft |
Director(es) | Jonathan Dumont Scott Phillips |
Produtor(es) | Marc-Alexis Côté |
Deseñador(es) | Jordane Thiboust |
Artista(s) | Thierry Dansereau |
Compositor(es) | The Flight |
Motor | AnvilNext 2.0 |
Lanzamento | 5 de outubro de 2018 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows PlayStation 4 Xbox One Nintendo Switch |
Serie | Assassin's Creed |
[ editar datos en Wikidata ] |
Assassin's Creed Odyssey é un videoxogo de rol e acción desenvolvido por Ubisoft Quebec e distribuído por Ubisoft. É o número once da saga principal e o número vinte de toda a franquía Assassin's Creed e o sucesor de Assassin's Creed Origins. Ambientado no ano -431, conta unha historia ficticia durante as guerras do Peloponeso. O xogador pode controlar un mercenario da Liga de Delos liderada polos atenienses ou a Liga do Peloponeso, liderada por Esparta.
O xogo foi estreado internacionalmente para Microsoft Windows, PlayStation 4, Xbox One, e (só no Xapón) para Nintendo Switch o 5 de outubro de 2018. A crítica louvou o seu sistema de mundo aberto, estilo visual, combate, historia e personaxes, aínda que recibiu críticas polo grind, a incorporación de microtransaccións, e a magnitude do xogo que algúns críticos consideraron esixente de máis.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Assassin's Creed Odyssey ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)