Assassin's Creed II
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Assassin's Creed II | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ubisoft Montreal |
Distribuidora(s) | Ubisoft |
Director(es) | Patrice Désilets |
Deseñador(es) | Benoît Lambert |
Artista(s) | Mohamed Gambouz |
Compositor(es) | Jesper Kyd |
Motor | Anvil |
Lanzamento | 17 de novembro de 2009: PlayStation 3 e Xbox 360 |
Xénero | Acción e aventura |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | PlayStation 3 Xbox 360 Microsoft Windows Mac OS X |
Páxina oficial | Páxina oficial |
Serie | Assassin's Creed |
[ editar datos en Wikidata ] |
Assassin's Creed II é un videoxogo de historia ficticia, acción e aventuras en mundo aberto, desenvolvido por Ubisoft Montreal e distribuído por Ubisoft. É o segundo título da serie Assassin's Creed, unha secuela do videoxogo de 2007 Assassin's Creed, e o primeiro título da 'triloxía Ezio'. O videoxogo foi lanzado para PlayStation 3 e Xbox 360 en novembro de 2009, en marzo de 2010 estivo dispoñible para Microsoft Windows, en outubro dese mesmo ano para OS X.
A historia está ambientada no século XXI e segue a historia de Desmond Miles, que revive a memoria xenética do seu devanceiro Ezio Auditore da Firenze. O argumento principal céntrase no Renacemento en Italia durante o século XV e comezos do século XVI. O xogador pode explorar Florencia, Venecia, Toscana e Forlì e guiar a Ezio na súa misión de vinganza contra os responsables da morte da súa familia. No xogo é preciso empregar as habilidades de combate e sixilo, para que Desmond comece a descubrir os misterios sobre a antiga raza coñecida como Primeiras Civilizacións coa esperanza de rematar co conflito entre os Asasinos e os Cabaleiros Templarios.
A produción de Assassin's Creed II comezou pouco despois do lanzamento de Assassin's Creed empregando un novo motor de xogo, o Anvil. O xogo recibiu a aclamación da crítica e vendeu máis de 9 millóns de copias até maio de 2010. A versión de PC foi acollida con certo criticismo por mor do sistema de xestión de dereitos dixitais. O xogo ten un follow-up, Assassin's Creed II: Discovery e unha secuela directa, Assassin's Creed: Brotherhood.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Assassin's Creed II ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)