Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde decembro de 2017.)
Assassin's Creed: Lineage é unha serie de tres curtametraxes de acción en vivo que narran a historia de Giovanni Auditore, pai de Ezio Auditore, protagonista de Assassin's Creed II, Assassin's Creed: Brotherhood e Assassin's Creed: Revelations.[1][2] A historia destes curtas toma lugar meses antes dos sucesos de Assassin's Creed II. Os episodios foron producidos por Ubisoft e o primeiro foi estreado o 26 de outubro de 2009 en YouTube.[3] As curtametraxes teñen o obxectivo de promoción para o xogo, así como un intento de Ubisoft para facer o seu primeiro paso na industria do cine. Foron dirixidos polo director de cine canadense Yves Simoneau.[4]
A película é unha precuela do videoxogo Assassin's Creed II. Céntrase en Giovanni Auditore, o pai do personaxe principal do xogo, Ezio Auditore. Giovanni é un nobre italiano e membro secreto da orde dos "Asasinos" que vive en Florencia, a finais do século XV (Renacemento).
Trala morte do duque de Milán, o asasino Giovanni Auditore recibe o encargo de investigar o crime. A súa misión é descubrir aos responsables e as razóns do brutal asasinato. Pero as respostas que atopa implican ás familias máis poderosas de Italia e desvelan unha conexión co propio Vaticano. Canto máis se achega á verdade, o propio Giovanni convértese en obxectivo do complot, polo que debe relevar os nomes dos conspiradores antes de ser vítima el mesmo. A historia presenta a situación antes de Assassin's Creed II, e aos inimigos de ambos, Giovanni e o seu fillo Ezio.
Episodio 1
En 1476 en Florencia, Giovanni Auditore, un asasino, tenta descubrir unha conspiración contra Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán e un dos aliados de Lorenzo de Medici, para quen traballa. A investigación lévalle ata Milán, onde tentará evitar que ocorra o peor.
Episodio 2
Ao perseguir os asasinos de Sforza, Giovanni chega a Venecia, onde intercepta unha carta codificada dos conspiradores. Descodificar este documento para desvelar os nomes de quen orquestraron a conspiración será de vital importancia.
Episodio 3
Incapaz de descifrar o contido da carta, Giovanni decide levala a Roma para desenmascarar aos líderes da conspiración, pero alí descobre que esta é máis grande e máis perigosa do que pensara.