Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos
Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos (ANDPIH), tamén chamada Asociación de Institutos Históricos de España, é unha asociación cultural, sen ánimo de lucro, con domicilio social en Granada, dedicada á promoción, conservación e difusión do patrimonio cultural e educativo dos Institutos de Educación Secundaria españois,[1] que posúen carácter histórico.[2]
A asociación realiza diversas actividades e celebra encontros anuais entre os seus membros. Foi constituída en 2010 e o seu actual presidente é Luis Castellón Serrano, licenciado en Ciencias Xeológicas e catedrático de Ciencias Naturais do IES "Padre Suárez" de Granada.[3][4]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]Co obxectivo de poñeren en valor o rico patrimonio histórico, artístico, educativo, documental e simbólico destes institutos, os equipos directivos dun número importante destes centros iniciaron unha tarefa de coordinación dos traballos de inventario, catalogación, conservación e difusión dos seus fondos. Froito deste labor foron as "I Xornadas de centros públicos con patrimonio histórico educativo" que se celebraron en Granada en xullo de 2007,[5] á que seguiron outras xa coa denominación de "Xornadas de Institutos Históricos españois",[6] que se celebran anualmente.
En concreto, os obxectivos da asociación son:[7]
- Impulsar a recuperación dos fondos patrimoniais dos Institutos históricos: documentais, bibliográficos, científicos e arquitectónicos.
- Conseguir das administracións educativas a dotación de recursos humanos e económicos para a preservación e posta en valor de dito patrimonio.
- Celebrar de forma conxunta actividades de carácter científico e educativo, así como Xornadas ou Encontros anuais entre os seus membros.
Institucións asociadas
[editar | editar a fonte]Os institutos de educación secundaria asociados están representados por persoas físicas ou xurídicas (fundacións).
Os membros fundacionais desta asociación foron:
- IES "Padre Suárez", de Granada.
- IES "Brianda de Mendoza", de Guadalaxara.
- IES "Cardenal López de Mendoza", de Burgos.
- IES "Aguilar y Eslava" e Fundación Aguilar y Eslava, de Cabra (Córdoba).
- IES "San Isidro", de Madrid.
- IES "Isabel la Católica", de Madrid.
- IES "Lucus Augusti", de Lugo.
Outros socios actuais son:
- IES "Vega del Turia" e Museo IES "Vega del Turia", de Teruel.
- IES "Domínguez Ortiz", de Azuqueca de Henares.
- IES "Santísima Trinidad", de Baeza.
- IES "Joan Ramis i Ramis", de Maó.
- IES "Goya", de Zaragoza.
- IES "Maestro Juan de Ávila", de Cidade Real.
- IES "Jorge Manrique", de Palencia.
- IES "Padre Luis Coloma", de Xerez da Fronteira.
- IES "Cabrera Pinto" e Museo IES "Cabrera Pinto", de San Cristóbal de La Laguna.
- IES "San Isidoro", de Sevilla.
- IES "Arcebispo Xelmirez I", de Santiago de Compostela.
- IES "Práxedes Mateo Sagasta" de Logroño.
- IES "Zorrilla", de Valladolid.
- IES "Bárbara de Braganza" de Badaxoz.
- IES "Alfonso X el Sabio" de Murcia.
Tamén pertencen outras asociaciones, como a Asociación de amigos del patrimonio histórico y museístico del Instituto Padre Suárez de Granada.
Xornadas anuais
[editar | editar a fonte]Despois da reunión inaugural de Granada en 2007, até o día de hoxe producíronse as seguintes Xornadas anuais:
- 1as Xornadas - Reunión inaugural. Granada, 2007.
- 2as Xornadas - O patrimonio educativo dos Institutos Históricos.[8] La Laguna (Tenerife). Maio de 2008.
- 3as Xornadas - El patrimonio histórico educativo.[9] Guadalaxara. 2009.
- 4as Xornadas - Cultura, educación e patrimonio.[10] Santiago de Compostela. Do 5 ao 8 de xullo de 2010.[11]
- 5as Xornadas - Cabra (Córdoba). Do 6 ao 8 de xullo de 2011. Foron inauguradas polo presidente da Xunta de Andalucía, José Antonio Griñán,[12] e clausuradas polo ministro de Educación de España, Ángel Gabilondo.
- 6as Xornadas dos institutos históricos de España. Logroño. Abril de 2012.
- 7as Xornadas - Comprometidos co noso patrimonio. Burgos. Abril de 2013.
- 8as Xornadas - A ciencia certa. Badaxoz. Maio de 2014.
- 9as Xornadas. Maó, Menorca (Illas Baleares). Maio de 2015.
- 10as Xornadas. Teruel. Xullo de 2016.
- 11as Xornadas. Murcia. Xullo de 2017.
- 12as Xornadas. Madrid. Xullo de 2018.
- 13as Xornadas. Mieres (Asturias). Xullo de 2019
Orde de Afonso X o Sabio
[editar | editar a fonte]A Asociación de Institutos históricos españois foi condecorada co seu ingreso na Orde de Afonso X o Sabio, na súa categoría de Corbata, polo Consello de Ministros de 8 de xullo de 2011,[13] xunto á Fundación de Ayuda contra la Drogadicción e a Fundación Tomillo.
Á ANDPIH se lle recoñece con este galardón o seu labor de promoción, conservación e difusión do patrimonio cultural e educativo dos Institutos de Educación Secundaria que teñen carácter histórico.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La singularidad dentro de la organización escolar. Patrimonio olvidado de los institutos históricos Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. David Pérez-Dionis Chinea. Avances en Supervisión Educativa, nº 12. Maio de 2010.
- ↑ Historia de un olvido: patrimonio en los centros escolares. Revista Participación Educativa nº 7. Consejo Escolar del Estado, 15 de marzo de 2008.
- ↑ Castellón Serrano, Luis en Museos de Andalucía.
- ↑ Los Institutos Históricos en la revista del Consejo Escolar del Estado. La opinión digital, 6 de novembro de 2010.
- ↑ Comunicaciones y Conclusiones de las 1ª Jornadas sobre Patrimonio histórico de los Centros Públicos Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Historia y educación a través de los Institutos Históricos de España. Museo Agular y Eslava. Cabra, Córdoba.
- ↑ Páxina web da Asociación Arquivado 23 de abril de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ Conclusiones de las 2as Jornadas sobre El patrimonio educativo de los Institutos Históricos Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Comunicaciones y Conclusiones de las 3as Jornadas Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. Guadalajara, 2009.
- ↑ IV Jornadas de Institutos históricos españoles. Antonio Prado Gómez. Revista CEE Participación Educativa, nº 15, novembro de 2010, pp. 226-234.
- ↑ O conselleiro de Educación presenta as IV Xornadas de Institutos históricos españois, que por primeira vez se desenvolve en Galicia. Xunta de Galicia. Consellería de Educación.
- ↑ José Antonio Griñán inaugura en la localidad cordobesa de Cabra las V Jornadas sobre Institutos Históricos Españoles Oficina de la Portavoz del Gobierno. Junta de Andalucía. 6 de julio de 2011.
- ↑ Consejo.-El Gobierno condecora con la Orden de Alfonso X El Sabio a la Fundación de Ayuda contra la Drogadicción. Y a la ASOCIACIÓN DE INSTITUTOS HISTÓRICOS DE ESPAÑA, ENTRE OTROS. Europa Press. 8 de julio de 2011.
- ↑ APROBADAS CINCO CONDECORACIONES DE LA ORDEN DE ALFONSO X EL SABIO Arquivado 09 de decembro de 2013 en Wayback Machine.. Referencia del Consejo de Ministros de 8 de julio de 2011. La Moncloa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazónss externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos (en castelán).
- Rede de institutos históricos de Andalucía (en castelán).
- Catálogo virtual do Gabinete de Historia Natural do IES Bárbara de Braganza Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
- CEIMES Arquivado 23 de abril de 2018 en Wayback Machine. Ciencia y educación en los Institutos Madrileños de Enseñanza Secundaria (en castelán).