Aríidos
Aríidos Ariidae Rango fósil: Eoceno - Actualidade.[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bagre marinus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||
|
A dos aríidos (Ariidae) é unha familia de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1858 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Ariidae está formado, segundo a norma, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Arius, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A famila está subdividida en tres subfamilias, cos xéneros que se indican a continuación:[2]
- Subfamilia Ariinae Bleeker, 1858
- Amissidens Kailola, 2004
- Amphiarius Marceniuk & Menezes, 2007
- Arius Valenciennes, 1840
- Aspistor Jordan & Evermann, 1898
- Batrachocephalus Bleeker, 1846
- Carlarius Marceniuk & Menezes, 2007
- Cathorops Jordan & Gilbert, 1883
- Cephalocassis Bleeker, 1857
- Chinchaysuyoa Marceniuk, Marchena, Oliveira & Betancur-R., 2019
- Cinetodus Ogilby, 1898
- Cochlefelis Whitley, 1941
- Cryptarius Kailola, 2004
- Genidens Castelnau, 1855
- Hemiarius Bleeker, 1862
- Hexanematichthys Bleeker, 1858
- Ketengus Bleeker, 1847
- Nedystoma Ogilby, 1898
- Nemapteryx Ogilby, 1908
- Neoarius Castelnau, 1878
- Netuma Bleeker, 1858
- Notarius Gill, 1863
- Occidentarius Betancur-R. & Acero P., 2007
- Osteogeneiosus Bleeker, 1846
- Plicofollis Kailola, 2004
- Potamarius Hubbs & Miller, 1960
- Sciades Müller & Troschel, 1849
- Subfamilia Bagreinae Schultz, 1944
- Bagre Cloquet, 1816
- Subfamilia Galeichthyinae Acero & Betancur-R., 2007
- Galeichthys Valenciennes, 1840
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Encóntranse nos mares e océanos de clima tropical e subtropical que rodean as Américas, África, Asia e Australia, estando ausentes en Europa e na Antártida.[3]
Son principalmente peixes mariños e de augas salobres, pero moitas especies poden adentrarse en auga doce, e incluso algunhas especies soamente poden vivir neste último medio.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Presentan placas óseas na cabeza e cerca da aleta dorsal. Son de tamaño de mediano a grande; de corpo alongado e robusto. A cabeza é cónica, arredonada e aplanada; os dentes son finos, cónicos ou granulares, os palatinos en pequenas ou grandes placas; os orificios nasais están moi xuntos; teñen dous, catro ou seis barbas ou bigotes en torno á boca, un par maxilar, un mandibular e outro no mento; de cinco a sete raios branquiostegos; o dorso da cabeza está parcialmente cuberto por un escudo óseo visíbel a trasvés da pel na maioría das especies, o cal pode ser liso, rugoso, estriado ou granuloso, e a súa rexión posterior esténdese até a placa predorsal. A aleta caudal profundamente bifurcada; teñen unha aleta adiposa detrás da dorsal; as aletas pectorais e dorsais presentan espiñas ríxidas e fortes. A liña lateral é completa.[3]
Algunhas especies teñen espiñas velenosas nas aletas pectorais e dorsal.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de peixes pequenos e dunha gran variedade de invertebrados bentónicos, como gambas, cangrexos e moluscos.[4]
Os machos xeralmente incuban os ovos dentro da súa boca, até o momento da eclosión.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlín: VEB Verlag der Wissenschaften.
- ↑ 2,0 2,1 Ariidae Bleeker, 1858 no WoRMS. Consultada o 5 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Family Ariidae en FishBase.
- ↑ Discover Life
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aríidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aríidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.