Arius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arius
Rango fósil: Maastrichtiano - Actualidade[1]
Arius falcarius Mintern 106.jpg
Arius arius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Siluriformes
Familia: Ariidae
Subfamilia: Ariinae
Xénero: Arius
Valenciennes, 1840
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Arius é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes que é o tipo da familia dos aríidos e da subfamilia dos ariinos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Arias (erro ortográfico)
  • Ariodes Müller & Troschel, 1849
  • Arium (erro ortográfico)
  • Pseudarius Bleeker, 1862

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Definir os límites do xénero Arius de forma natural foi sempre un problema. O xénero nunca se definiu adecuadamente, e moitas das especies que foron clasificadas anteriormente como Arius encóntranse agora asignadas a outros xéneros. Ultimamente algúns autores definírono como non monofilético, rexeitando que o xénero constitúa un grupo natural de especies. Outros grupos próximos distínguense pola presenza de placas dentais adicionais que son, ou ben máis alongadas e parecen relacionadas cos dentes molares, ou ben son ovaladas ou subtriangulares, estando relacionadas con dentes cónicos ou aciculares.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero na actualidade recoñécense as seguintes especies:[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero encóntranse repartidas nas augas salobres e doces do leste de África e o sur e o sueste asiático.[3]

Carcaterísticas[editar | editar a fonte]

Estes peixes teñen tres pares de barbas. A base da aleta adiposa é moderadamente longa, ao redor da metade da lonxitude da base da aleta anal.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560.
  2. 2,0 2,1 2,2 Arius Valenciennes, 1840 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Marceniuk, Alexandre P.; Menezes, Naércio A. (2007). "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera" (PDF). Zootaxa 1416: 1–126. Consultado o 4 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]