Carlos Osoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos Osoro Sierra")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Osoro
Mons. Osoro (30877902606).jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento16 de maio de 1945 en Castañeda, provincia de Santander
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xullo de 1973, por Juan Antonio del Val Gallo
Consagración episcopal22 de febreiro de 1997, por Lajos Kada
Arcebispo metropolitano de Madrid
2014 - actualidade
PredecesorAntonio María Rouco Varela
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Carlos Osoro Sierra, nado en Castañeda o 16 de maio de 1945, é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Madrid dende 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Osoro Sierra naceu o 16 de maio de 1945 en Castañeda, concello da provincia de Santander (hoxe Cantabria). Logo de estudar Maxisterio na Escola Normal e de exercer de mestre por un ano, entrou no seminario para vocacións adultas en Salamanca, e licenciuse en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. O 29 de xullo de 1973 foi ordenado sacerdote da diocese de Santander polo seu bispo, Juan Antonio del Val Gallo.

O 27 de decembro de 1996 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Ourense. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de febreiro de 1997, de mans do nuncio Lajos Kada, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela, Julián Barrio, e ao bispo de Tui-Vigo, Xosé Diéguez Reboredo.

O 7 de xaneiro de 2002, Xoán Paulo II trasladouno á arquidiocese metropolitana de Oviedo.

O 8 de xaneiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Valencia.

O 28 de agosto de 2014 o papa Francisco trasladouno á arquidiocese metropolitana de Madrid.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Xosé Diéguez Reboredo
 Bispo de Ourense 
1996 - 2002
Sucesor:
Luís Quinteiro Fiúza
Predecesor:
Gabino Díaz Merchán
 Arcebispo Metropolitano de Oviedo 
2002 - 2009
Sucesor:
Jesús Sanz Montes
Predecesor:
Agustín García-Gasco y Vicente
 Arcebispo Metropolitano de Valencia 
2009 - 2014
Sucesor:
Antonio Cañizares Llovera
Predecesor:
Antonio María Rouco Varela
 Arcebispo Metropolitano de Madrid 
2014 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)

Notas[editar | editar a fonte]