Saltar ao contido

Armen Sarkissian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmen Sarkissian

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1953 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Iereván Editar o valor en Wikidata
4º Presidente de Armenia
9 de abril de 2018 – 1 de febreiro de 2022 (dimisión)
← Serzh Sargsyan – Alen Simonyan →
Embaixador de Armenia no Reino Unido
1998 – 8 de abril de 2018
5º Primeiro ministro de Armenia
4 de novembro de 1996 – 20 de marzo de 1997
← Hrant Bagratyan – Robert Kotcharian → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa apostólica armenia e Igrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Iereván Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, emprendedor, profesor universitario, diplomático, físico, informático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Iereván Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNouneh Sarkissian Editar o valor en Wikidata
PaiVardan Sarkisov Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm10898848 Facebook: Armpresident Twitter: arm_president Instagram: president_armensarkissian Telegram: joinchat/AAAAAEX8oxNolGfjZYeDYw Youtube: UCW_zKv6QJEtMaPo0cHK2W0g WikiTree: Սարգսյան-3 Editar o valor en Wikidata

Armen Vardani Sarkissian (en armenio: Արմեն Վարդանի Սարգսյան)[1], nado en Iereván o 23 de xuño de 1953, é un físico, informático e político armenio. Entre o 9 de abril de 2018 e o 23 de xaneiro de 2022 foi Presidente de Armenia.[2][3][4] Tamén foi Primeiro ministro de Armenia dende o 4 de novembro de 1996 até o 20 de marzo de 1997 e anteriormente fora o embaixador do país en Londres dende 1998.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sarkissian graduouse na Universidade Estatal de Iereván, dentro do departamento de física teórica e matemáticas. Foi membro da Academia Nacional de Ciencias de Armenia. Entre 1976 e 1984, exerceu como profesor de física na Universidade Estatal de Iereván e máis tarde converteuse en investigador visitante e logo profesor da Universidade de Cambridge.[5][6]

Ademais, foi un dos co-creadores do xogo Wordtris.[7][8]

Presidente de Armenia

[editar | editar a fonte]

Elección

[editar | editar a fonte]

O 19 de xaneiro de 2018, o Presidente Serzh Sargsyan recomendou a candidatura de Sarkissian para a presidencia co apoio do Partido Republicano de Armenia. Tamén recibiu o apoio adicional do bloque da Federación Revolucionaria Armenia, así como o bloque parlamentario Tsarukian.

Foi elixido presidente por maioría da Asemblea Nacional de Armenia o 2 de marzo de 2018 con 90 votos dos 105 da cámara.[2] Sarkissian era o único candidato na elección.

Toma de posesión

[editar | editar a fonte]

Sarkissian tomou posesión do seu cargo o 9 de abril de 2018. A cerimonia tivo lugar no Complexo Karen Demirchyan, en Iereván.[9][10][11] Despois do acto visitou o panteón militar Yerablur, e deixou unha ofrenda floral no monumento xunto co ministro de defensa Vigen Sargsyan.[12]

Presidencia

[editar | editar a fonte]
Sarkissian reunido co secretario de estado dos Estados Unidos de América, Mike Pompeo.
Con Sergio Mattarella.

O día de inauguración da presidencia, o goberno dirixido por Karen Karapetyan dimitiu e os partidos da Asemblea Nacional tivo unha semana para facer as súas propostas a primeiro ministro.[13] O antigo presidente Serzh Sargsyan foi nomeado de xeito unánime polos membros dos partidos en goberno o 16 de abril, e foi confirmado como primeiro ministro ao día seguinte.[14] Porén, a elección de Sargsyan como primeiro ministro foi recibida con protestas e manifestacións a grande escala, polo que aos seis días da súa toma de posesión dimitiu.[15] Karapetyan foi pouco despois elixido para actuar como primeiro ministro.[16]

Sarkissian visitou Tbilisi o 26 de maio de 2018 na súa primeira visita oficial no estranxeiro para participar no centenario da fundación da República Democrática de Xeorxia.[17] Durante a súa visita, reuniuse co seu homólogo xeorxiano Giorgi Margvelashvili, así como con Bidzina Ivanishvili e Sauli Niinistö.[18][19]

En xuño de 2018, Sarkissian propuxo cambios na constitución de Armenia para equilibrar o poder do presidente co do primeiro ministro.[20]

  • Gran Premio de San Gregorio (1997) - outorgado polo papa Xoán Paulo II.
  • Medalla de San Gregorio (2008) - a maior horna da Igrexa apostólica armenia - outorgado por Karekin II, patriarca católico de tódolos armenios.
  • Orde do Mérito pola Patria en 1º grao - (15 de setembro de 2017).[21]
  • Orde do Mérito da República Italiana (2018).[22]
  1. ↑ O seu apelido tamén se transcribe como Sargsyan. Como director da casa de Eurasia, usa a forma Armen Sarkissian, que é a transcrición francesa do seu nome en ruso (ruso: Армен Саркисян). Nos antigos pasaportes soviéticos, os nomes rusos adoitaban ser transcritos ao alfabeto latino usando o sistema de transcrición francés posto que o francés era a lingua diplomática empregada.
  2. 1 2 "Armen Sarkisian (No Relation) Elected Next Armenian President". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2018.
  3. ↑ "Armenia lawmakers elect president as leader eyes 'super' powers - The Express Tribune". The Express Tribune (en inglés). 2 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-02.
  4. ↑ https://www.reuters.com/world/asia-pacific/armenian-president-resigns-2022-01-23
  5. ↑ Tcs.cam.ac.uk (ed.). "Former Cambridge Professor to become candidate for Armenian President | News | The Cambridge Student". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  6. ↑ Weforum.org (ed.). "Armen Sarkissian | World Economic Forum". Consultado o 1 de setembro de 2018.
  7. ↑ gamespot.com, Wordtris – Credits
  8. ↑ Panarmenian.Net, ed. (19 de xaneiro de 2018). "Tetris-Wordtris co-creator nommed for Armenia president's post". Consultado o 1 de setembro de 2018.
  9. ↑ "Armenia President-elect expected to take oath of office at Yerevan sports, concert complex". News.am. 19 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  10. ↑ "Armenia’s new president to be sworn in at Demirchyan sports and concert complex". Arka.am. 20 de marzo de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  11. ↑ APA IT. M.apa.az, ed. "Presidential inauguration held in Armenia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  12. ↑ "President Armen Sarkissian visits Yerablur Pantheon | Public Radio of Armenia". Armradio.am. 9 de abril de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  13. ↑ "Armenia's Ruling Party 'Open' To Opposition Candidates For PM". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2018.
  14. ↑ "Lawmakers Approve Sarkisian As Armenia's PM Despite Countrywide Protests". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2018.
  15. ↑ Hairenik (23 de abril de 2018). "Breaking: Serge Sarkisian Resigns as Prime Minister". The Armenian Weekly (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2018.
  16. ↑ EADaily. "Karen Karapetyan to be Armenian acting prime minister". Consultado o 1 de setembro de 2018.
  17. ↑ Tbilisi: 15 Jul 2018, 20:34 EN (25 de maio de 2018). Agenda.ge, ed. "Armenian President visits Georgia to join May 26 celebrations". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  18. ↑ 09:09, 26.05.2018 (26 de maio de 2018). News.am, ed. "Armenia President in Tbilisi, meets with Georgia ex-PM (PHOTOS)". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  19. ↑ Source Panorama.am. Panorama.am, ed. "President Sarkissian meets with his Finnish counterpart - Panorama | Armenian news". Consultado o 17 de xullo de 2018.
  20. ↑ Voanews.com, ed. (5 de xuño de 2018). "Armenian President: Yerevan Lacks Constitutional Balance". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.
  21. ↑ President.am (ed.). "ՀՀ նախագահի հրամանագրերը - Փաստաթղթեր - Հայաստանի Հանրապետության Նախագահ [պաշտոնական կայք]". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 18 de abril de 2018.
  22. ↑ armenpress.am (ed.). "Armenian President awarded Italy’s Order of Merit". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Serzh Sargsyan
Presidente de Armenia
2018
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Hrant Bagratyan
Primeiro ministro de Armenia
1996 - 1997
Sucesor:
Robert Kocharyan