Armando Álvarez
Armando | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Armando Álvarez Álvarez | ||
Nacemento | 18 de xullo de 1970 (53 anos) | ||
Lugar de nacemento | Colmar | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1987–1989 | Oviedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1989–1992 | Vetusta | ||
1991–1996 | Oviedo | 149 | (5) |
1996–1999 | Deportivo da Coruña | 97 | (3) |
1999–2001 | Mallorca | 31 | (1) |
2001–2003 | Atlético de Madrid | 35 | (0) |
Selección nacional | |||
España sub-21 | |||
1996–1997 | España | 2 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Armando Álvarez Álvarez, nado en Colmar (Francia) o 18 de xullo de 1970, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou na tempada 1991–92 co Real Oviedo en Primeira División, da man de Javier Irureta. No conxunto asturiano permaneceu até a campaña 1995–96, sendo un habitual do once titular.
Na tempada 1996–97 fichou polo Deportivo da Coruña, campaña na que foi convocado para dous partidos coa selección española. Na tempada 1997–98 xogou a Copa da UEFA por primeira vez. Permaneceu no conxunto galego até a campaña 1998–99, coincidindo novamente co adestrador vasco Javier Irureta. Na súa estadía na Coruña participou nun total de 97 partidos e anotou 3 goles.
Na tempada 1999–00 foi contratado polo RCD Mallorca, club no que permaneceu dúas campañas e competiu, na primeira delas, na Copa da UEFA.
Na tempada 2001–02 fichou polo Atlético de Madrid, en Segunda División. Esa campaña, na que o club madrileño ascendeu a Primeira División, Armando un dos habituais do once titular. Na tempada 2002–03 foi a súa derradeira, participando tan só nun partido.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Atlético de Madrid
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1970
- Nados no departamento do Alto Rin
- Futbolistas de España
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Oviedo B
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España