Armando da Silva Carvalho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Armando da Silva Carvalho
Nacemento28 de marzo de 1938
 Olho Marinho
Falecemento1 de xuño de 2017
 Caldas da Rainha
Causacancro
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupaciónpoeta, novelista, tradutor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Armando da Silva Carvalho, nado en Olho Marinho, Óbidos, o 28 de marzo de 1938 e finado en Caldas da Rainha o 1 de xuño de 2017, foi un poeta e tradutor portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, na Universidade de Lisboa, foi avogado, xornalista, profesor do ensino secundario e técnico publicitario.[1] Colaborou na Antologia de Poesia Universitária, en 1959, xuntamente con Ruy Belo, Fiama Hasse Pais Brandão, Luiza Neto Jorge, Gastão Cruz, entre outros, e tamén na Quadrante,[2] revista da Asociación Académica da Facultade de Dereito de Lisboa, iniciada en 1958. Publicou Lírica Consumível en 1965, que marcou o inicio da súa obra poética e que lle valeu o Premio Revelación da Sociedade Portuguesa de Autores. A súa escrita está marcada por un timbre de mordacidade, sarcasmo e figuracións da pulsión sexual.

Sen filiarse en ningunha tendencia contemporánea, mais beneficiándose das súas adquisicións, a poes´´ia de Armando Silva Carvalho xunta rigor prosódico coa expresión crítica e irónica da existencia [3]

Das obras de ficción salienta Portuguex, publicada en 1977. Desde a década de 1960 colaborou en moitos xornais e revistas (Diário de Lisboa, Jornal de Letras, O Diário, Poemas Livres, Colóquio-Letras, Hífen, As Escadas Não Têm Degraus, Sílex, Nova, Via Latina, Loreto 13, entre outras). Foi incluído na IV Líricas Portuguesas, en 1969, antoloxía poética organizada por António Ramos Rosa e desde entón ten estado representado na xeneralidade das antoloxías de poesía portuguesa.

Morreu o 1 de xuño de 2017, no Montepio Raíña D. Leonor, nas Caldas da Ranha, aos 79 anos de idade, vítima de cancro.[4][5]

Traduciu obras de Margueritte Duras, Samuel Becket, Jean Genet etc.[6] Está traducido en castelán, ruso, francés, inglés, sueco, letón, alemán, italiano e neerlandés.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Lírica Consumível (1965).
  • O Comércio dos Nervos (1968).
  • Os Ovos de Oiro (1969).
  • O Peso das Fronteiras (1972).
  • Antologia Poética (1976).
  • Armas Brancas (1977).
  • Eu era desta Areia (1977).
  • Técnicas de Engate (1979).
  • Sentimento de Um Ocidental (1981).
  • O Livro de Alexandre Bissexto (1983). Presença.
  • Canis Dei (1995). O Cão de Deus (1995). Relógio D'Água.
  • Obra Poética (1965-1995) (1998). Porto, Afrontamento
  • Lisboas (2000).
  • Três Vezes Deus (2001). Con Ana Marques Gastão e António Rego Chaves.
  • O Amante Japonês (2008). Assírio & Alvim
  • Anthero, Areia & Água (2000). Assírio & Alvim.
  • Sol a Sol (2005). Assírio & Alvim.
  • O Que Foi Passado a limpo (2007). Assírio & Alvim.
  • De Amore (2012). Assírio & Alvim.
  • A sombra do mar (2016). Assírio & Alvim.

Prosa[editar | editar a fonte]

  • O Alicate – Textos Fisiológicos (1972).
  • O Uso e o Abuso (1976).
  • Portuguex (1977). Novela.
  • Donamorta (1984). Novela.
  • A Vingança de Maria de Noronha (1988). Vega. Novela.
  • Em Nome da Mãe (1994). Porto, Afrontamento. Novela.
  • O Homem que sabia a Mar (2001). Dom Quixote.
  • O Menino ao Colo. Momentos, Falas, Lugares do Sublime Santo António (2003). Assírio & Alvim.
  • Elena e as Mãos dos Homens (2004). Assírio & Alvim.
  • O Livro do Meio (2006). Con Maria Velho da Costa. Caminho.

Teatro[editar | editar a fonte]

Auto do Branco de Neve (2007). En Panos 2007. Culturgest.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1965: Premio de Revelação da APE, por Lírica Consumível.
  • 1996: Premio PEN Clube Portugués de Poesía.
  • 2000: Premio Luís Miguel Nava, por Lisboas.
  • 2001: Premio Fernando Namora, por O Homem que sabia a Mar.
  • 2008: Grande Premio de Poesía APE/CTT, por O Amante Japonês.
  • 2014: Grande Premio de Literatura dst, por De Amore.[7]
  • 2016: Premio Autores, por A sombra do mar.
  • 2016: Premio PEN Clube Portugués de Poesía, por A sombra do mar.
  • 2016: Premio Literario Fundação Inês de Castro, por A sombra do mar.
  • 2017: Premio Literario Casino da Póvoa, por A sombra do mar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fidelizarte. "Armando Silva Carvalho". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-06-06. 
  2. "Quadrante [1958-1963]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. Consultado o 2020-06-06. 
  3. Infopédia. "Armando Silva Carvalho - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-06. 
  4. "Morreu o poeta Armando Silva Carvalho - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06. 
  5. "Óbito/Armando Silva Carvalho: Funeral realiza-se sexta-feira em Olho Marinho - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06. 
  6. "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06. 
  7. S.A, Innovation Point. "Armando da Silva Carvalho gana el Gran Premio de Literatura dst". dst group. Consultado o 2020-06-06.