Arcediago de Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcediago de Toro
Nacementoc. 1345
Falecementoc. 1425
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Rodríguez, nado cara a 1345 e finado cara a 1425, máis coñecido polo seu cargo de arcediago de Toro, foi un poeta galego da escola galego-castelá, de finais do século XIV. Compuxo a súa obra en lingua galega, un testamento e 5 cantigas de poesía piadosa, que aparecen recollidas no Cancioneiro de Baena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A través das rúbricas das súas composicións coñécese o seu cargo eclesiástico, de reitor do cabido de Toro. É posible identificalo co Gonzalo Rodríguez que figura como testemuña nun tratado asinado en 1383 en Salvaterra de Miño polo casamento de Xoán I de Castela e Dona Beatriz, filla de Fernando I de Portugal.

Suponse que é de orixe galega pola lingua empregada na súa obra, pola presenza de numerosos cargos eclesiásticos galegos e portugueses no tratado de Salvaterra, e pola orixe galega de personaxes citadas nas súas poesías.

Cultivou a sátira burlesca herdeira das cantigas de escarnio e maldicir. Foi un dos primeiros cultivadores do verso de arte maior. Usou recursos da literatura galego-portuguesa como o leixaprén, o mordobre e a annominatio. Na peza "A Deus, Amor! A Deus, el Rei!" trata o tema da partida, despedíndose do amor, das damas, dos amigos e poetas namorados, e do mundo. O testamento burlesco "Pois que me vejo á morte chegado" inscríbese na liña dos testamentos literarios, mais cun particular toque satírico. Reparte os seus bens intanxibles (a alma, a súa arte, a louzanía...) e materiais (o corazón, os ollos, as pernas, os cabelos...) a persoas que carecían destes atributos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]