Arapahoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arapahoe
Flag of Arapaho Nation.svg
Poboación
Poboación total:
Máis de 9.000
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos (Colorado, Oklahoma, Wyoming) 9.000
Aspectos culturais
Linguas Arapahoe e inglés
Relixión Cristianismo e outras
Grupos
relacionados
Cheién e outros pobos algonquíns
Campamento arapahoe

Os "Xente-do-Vaca" coñecidos tamén como Arapahoe, son unha tribo de indios nos estados de Colorado e Wyoming (Estados Unidos).

Eran estreitos aliados dos cheién e aliados dos sioux. A lingua arapahoe é unha das linguas algonquinas moi próxima ó Gros Ventre, con quen os Arapahoes compartiran unha longa afiliciación cultural. A lingua cheién e a lingua dos Pés Negros eran as outras linguas algonquinas das Grandes Pradeiras pero eran bastante diferentes do arapahoe. Cara a 1850 as bandas Arapahoe separaronse en duas tribos: os Arapahoe do Norde e os do Sur. Os Arapahoe do Norde levan vivindo dende 1878 na Reserva de Wind River, Wyoming, a tercera maior reserva dos Estados Unidos. A tribo dos Arapahoe do Sur vive xunto ós cheién en Oklahoma.

O seu nome ven do pawnee tirapihu ("comerciantes"), ou ben do crow alappahó ("xente con moitos tatuaxes", polo costume que tiñan de gravar círculos cerimoniais na cara). Eles chamabanse a si mesmos inu-na ina ("o noso pobo"). O idioma dividese en tres dialectos ou divisións: o basanwūnema, o atsina ou gros ventre, que se converteu nunha tribo independente, e o na’’wathinahana.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arapahoe