Lingua pawnee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pawnee
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Oklahoma norte e central
Total de falantes: 10 (2007)
Familia: Caddo
 Caddo do norte
  Pawnee–Kitsai
   Linguas pawnee
    Pawnee
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: paw
Mapa
Status

O pawnee está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua pawnee é unha lingua caddo falada polos pawnee que residen na rexión norte e central de Oklahoma. As terras tradicionais do pobo onde se falaba a lingua eran o río Platte no que hoxe é Nebrasca.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Existen dous dialectos do pawnee: South Band e Skiri. As diferenzas entre os dous dialectos están na fonética e no léxico.

Status da lingua[editar | editar a fonte]

Outrora a lingua habitual entre os pawnee, hoxe é falado por un pequeno grupo de anciáns. Por mor do proceso de susbtitución lingüística en favor do inglés como primeira lingua, o status do pawnee tende cara a extinción. Porén, no 2007 a Nación Pawnee desenvolveu materiais de ensino para o instituto local e tamén para clases para adultos. Ademais, tamén existe material documental da lingua arquivado no Instituro de Investigación de Estudos Nativo Americanos.[2] A lingua pawnee aparece no filme de 2015 The Revenant.[3] En 2019 e 2020, a Nación Pawnee publicou varios vídeos sobre o ensino da lingua pawnee.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. ethnologue.com (ed.). "A lingua pawnee en Ethnologue". Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  3. nolanb@indiana.edu, Bethany Nolan. "IU linguists provide Arikara and Pawnee dialogue for Oscar-nominated film 'The Revenant'". Inside IU Bloomington (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  4. "Pawnee Language Classes - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 30 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]