Arantxa Urretabizkaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArantxa Urretabizkaia

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , actriz de cinema , poeta , tradutora , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaXabier Elorriaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0882088 Inguma: arantza-urretabizkaia-bejarano Literaturaren Zubitegia: 139 Editar o valor em Wikidata

Arantxa Urretabizkaia Bejarano, nada en Egia (Donostia) o 1 de xullo de 1947, é unha escritora vasca en lingua éuscara. Traballou tamén na prensa, na radio e na televisión. É académica da Euskaltzaindia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Egia, ten unha licenciatura en Xeografía e Historia[1] e desde nova compaxinou traballo cos estudos na Universidade de Barcelona,[2] estando sempre ligada a ambientes culturais como o grupo Argia. Membro do grupo de escritores esquerdistas aglutinados en torno á primeira editorial "Lur", caracterizada pola súa adscrición ao laicismo e á unificación do éuscaro.[3]

En 1970 traduciu a obra de Frantz Fanon Afrika iraultzaren alde en colaboración con Ibon Sarasola e publicou Mendebaleko Ekonomiaren Historia con Sarasola e Ramón Saizarbitoria. En 1971 traduciu a M. Dobb en Sozialismoaren frogantzak e en 1973 a obra de A. Otazu Euskal Berdintasuna. Autora de San Pedro bezperaren ondoak en 1972 e de Zergatik Pampox? en 1979; esta última novela converteuna primeira figura da narrativa vasca da posguerra. En 1981 gañou o X concurso de contos Premio Ignacio Aldecoa da Deputación arabesa con "Baina ez egunero". Logo escribiría Maitasunaren magalean (poemas) (Premio Nacional da Crítica 1982, Aspaldian espero zaitudalako ez nago Sekula Bakarrik 1983, Saturn (1987, Aurten aldatuko da nire bizitza 1991 e Koaderno gorria 1998.

Como poeta editou os seus primeiros traballos en Euskal Literatura, en 1972, estando incluída na antoloxía Poetas Vascos, publicada en 1990, de Julia Otxoa.

Foi guionista canda outros das películas La conquista de Albania, de Alfonso Ungría (1983), a adaptación da súa obra Zergatik Panpox?, dirixida por Xabier Elorriaga en 1986 e de Lauaxeta-A los cuatro vientos (J. A. Zorrilla, 1987). Tamén actuou na película de La fuga de Segovia en 1981.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • Aspaldian espero zaitudalako ez nago sekula bakarrik (1983). Erein. (Nunca estou só, porque te estiven agardando moito tempo)
  • Aurten aldatuko da nire bizitza (1992). Erein. (Este ano cambiará a miña vida).

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Zergatik panpox? (1979). Hordago. Novela curta. O libro máis coñecido da autora.[5]
  • Saturno (1987). Erein.
  • Koaderno gorria (1998). Erein. (Caderno vermello)
  • 3 Mariak (2010). Erein.
  • Zuri-beltzeko argazkiak (2014). Pamiela. (Fotos en branco e negro)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • San Pedro bezperaren ondokoak (1972). (Despois da véspera de San Pedro)
  • Maitasunaren magalean (1982). GAK. (Nas pistas do amor)
  • XX. mendeko poesia kaierak - Arantxa Urretabizkaia (2000). Susa. Antoloxía. (Cadernos de poesía do S. XX).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Bidean ikasia (1993-2016) (2016). Pamiela.

Guións de películas[editar | editar a fonte]

  • Albaniaren konkista (1983). (A conquista de Albania)
  • Lauaxeta (1987).

Outros[editar | editar a fonte]

  • Mendebaleko ekonomiaren historia (1970). Con Ramon Saizarbitoria e Ibon Sarasolarekin. (Historia da economía occidental).

Traducións ao éuscaro[editar | editar a fonte]

  • Afrika iraultzaren alde, Frantz Fanon (1970).
  • Sozialismoaren frogantzak, Maurice Dobb (1971).
  • Euskal Berdintasuna, A. Otazu (1973).

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

  • Zergatik panpox
    • Per què, menut? (1982). Trad. Josep Daurella. Sant Boi de Llobregat: Ediciones del Mall. Catalán.
    • ¿Por qué, Panpox? (1986). Trad. Arantxa Urretabizkaia. Sant Boi de Llobregat: Ediciones del Mall. Castelán.
    • Червената тетрадка ; Защо пампушко? (2018). Trad. María Pachkova. Sofia: Panorama. Búlgaro.
  • Saturno
    • Saturno (1989). Trad. Maite González. Madrid: Alfaguara. Castelán.
  • Koaderno gorria
    • El cuaderno rojo (2002).Trad. Iñaki Iñurrieta. Donostia: Ttarttalo. Castelán.
    • Krasnaya tetrad (2007). Trad. Elena Zernova. San Petersburgo: St. Petersburg University Press. Ruso.
    • Das rote Heft (2007). Trad. Jürgen Wolf. Bohn: Pahl-Rugenstein. Alemán.
    • Quaderno rosso (2008). Trad. Roberta Gozzi. Milán: Gran Vía. Italiano.
    • The Red Notebook (2009). Trad. Kristin Addis. Nevada: University of Nevada. Inglés.
    • Rdeči zvezek (2018). Trad. Bárbara Pregelj. Esloveno.
    • Червената тетрадка ; Защо пампушко? (2018). Trad. María Pachkova. Sofia: Panorama. Búlgaro.
  • Hiru mariak
    • Las tres marías (2011). Trad. Cristina Fernández. Donostia: Erein. Castelán.
  • Zuri-beltzeko argazkiak
    • Retratos en blanco y negro (2015). Trad. Fernando Rey. Pamiela. Castelán.
  • Bidean ikasia
    • Lecciones del camino (2018).Trad. Fernando Rey. Pamiela. Castelán.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1971: Premio Gipuzkoa por San Pedro bezperaren ondokoak.
  • 1981: X premio Ignacio Aldekoa de conto por Baina ez egunero.
  • 1982: Premio da Crítica Española de Poesía Vasca por Maitasun magalean.
  • 1982: Premio Cidade de Irún por Maitasun magalean.
  • 2001: Premio Rikardo Arregi por entrevistas.
  • 2006: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[6]
  • 2017: Premio Euskadi de ensaio en éuscaro por Bidean ikasia.
  • 2019: Premio Abbadia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografia de Arantxa Urretabizkaia". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-12-20. 
  2. Auñamendi Eusko Entziklopedia: Arantxa Urretabizkaia Bejarano (en castelán)
  3. "Urretabizkaia Bejarano, Arantxa - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2020-12-20. 
  4. Arantxa Urretabizkaia na IMDB
  5. "URRETABIZKAIA, Arantxa. Portal Literatura Vasca". www.basqueliterature.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-12-20. 
  6. "O PEN Clube de Galicia entrega mañá en Santiago os premios Rosalía de Castro". La Voz de Galicia. 2006-05-23. Consultado o 2020-12-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]