Aquifoliaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquifoliaceae son unha familia pertencente á orde Aquifoliales. Contén só dous xéneros de árbores e arbustos perennifolios ou caducifolios, ordinariamente dioicos.

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero máis coñecido e numeroso, Ilex, popularmente chamados acivros, consta de ao redor de 600 especies, das cales unhas 300 son propias de países tépedos e tropicais, sobre todo de América. Caracterízanse por ter follas simples e alternas con flores xeralmente unisexuais, actinomorfas, inconspicuas, a miúdo tetrámeras, de ovario súpero e dispostas frecuentemente en cimas. Os froitos son drupas.

O outro xénero, Nemopanthus, unicamente contén unha especie, Nemopanthus mucronatus, que difire das de Ilex nas súas flores cun cáliz máis reducido e pétalos estreitos, ademais de ser tetraploides, en lugar de diploides.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita por Bercht. & J.Presl e publicada en O Přirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2(110): 440, 438. 1825.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. APGWeb (require procura)
  2. "Aquifoliaceae". Tropicos.org. Xardín Botánico de Misuri. Consultado o 1 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berendsohn, W.G., A. K. Gruber y J. A. Monterrosa Salomón. 2009. Nova silva cuscatlanica. Árboles nativos e introducidos de El Salvador. Parte 1: Angiospermae - Familias A a L. Englera 29(1): 1–438.
  • Hahn. 2001. Aquifoliaceae. En: W.D. Stevens, C. Ulloa Ulloa, A. Pool y O.M. Montiel (eds.). Fl. Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85(1): 133–136.
  • Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada y M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.
  • Jørgensen, P. M., M. H. Nee y S. G. Beck. (eds.) 2014. Cat. Pl. Vasc. Bolivia, Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 127(1–2): i–viii, 1–1744. Missouri Botanical Garden Press, S. Luis.
  • Jørgensen, P. M., M. H. Nee y S. G. Beck. (eds.) 2015 en adelante. Catálogo de las plantas vasculares de Bolivia (adiciones).
  • Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  • Nasir, E. y S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan. Univ. de Karachi, Karachi.
  • Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576. Secretaría de Recursos Naturales y Ambiente, Tegucigalpa.
  • Standley, P. C. y J. A. Steyermark. 1949. Aquifoliaceae. In Standley, P.C. y Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part VI. Fieldiana, Bot. 24(6): 196–201. View in Biodiversity Heritage Library
  • Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool y O. M. Montiel. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.