Saltar ao contido

Antonio Sánchez Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Sánchez Taboada
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata
Sada, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 2023 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro

Antonio Sánchez Taboada, máis coñecido como Lexo, nado en Sada o 16 de marzo de 1932 e finado en agosto de 2023, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de xogar no Canido, no Arsenal de Ferrol e no SRD Esteiro fichou polo Deportivo da Coruña.[1][2][3] Na tempada 1954/55 foi cedido ao Deportivo Xuvenil, que xogaba na Segunda División.[4] Disputou só un partido, anotando un gol, e despois volveu á disciplina branquiazul, debutando en Primeira División na xornada 20, nun derbi contra o Celta de Vigo.

Na seguinte tempada foi cedido ao Racing de Ferrol xunto a Ledo, Antelo e Rafael Franco, pero lesionouse no partido de proba nun choque con Olavide, perdendo gran parte da tempada.[5] Tras debutar e xogar só dous encontros volveu ao Deportivo para substituír nos derradeiros partidos da tempada primeiro ao lesionado Gárate e logo a Juananco. No verán de 1956 fichou polo Burgos xunto a outros tres coruñeses: Manín, Losada e Regueira,[6] e na tempada 1957/58 xogou co Cartagena en Terceira.

En 1959 marchou a Venezuela, onde levaba uns anos o seu irmán Juan.[7] Alí fichou polo Deportivo Celta, o equipo do Lar Gallego de Caracas. Foron con el o dianteiro Jaime Guillín e o adestrador Antonio Villar Chao.[8] Xogou logo no novo Deportivo Galicia e en 1961 volveu a Galicia, onde xogou algúns partidos co seu antigo equipo, o Esteiro.[9]

Posteriormente, de novo en Venezuela, xogou no Sporting Coruñés.[7][10] Faleceu en agosto de 2023, aos 91 anos de idade.[11]

  1. "Campeonato de liga de clubs modestos". El Correo Gallego (en castelán). 1 de decembro de 1948. p. 3. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  2. "El Arsenal espera dar una tarde de buen fútbol". El Progreso (en castelán). 22 de outubro de 1949. p. 3. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  3. "El Esteiro es un gran equipo". El Correo Gallego (en castelán). 31 de outubro de 1952. p. 4. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  4. "Probable cesión de trece jugadores del Deportivo al Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 1954. p. 5. 
  5. "Se confirma el debut del coruñés Lexo". El Correo Gallego (en castelán). 3 de decembro de 1955. p. 6. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  6. "El coruñés Losada firmó por el Burgos". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1956. p. 5. 
  7. 7,0 7,1 "Juan "Lexo", un sadense en Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1969. p. 20. 
  8. Vara García, Orestes (7 de outubro de 1959). "Chao entrenador del Lar Gallego de Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 5. 
  9. "Campeonato ferrolano de fútbol modesto". La Noche (en castelán). 23 de febreiro de 1961. p. 4. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  10. "Un futbolista coruñés, en Venezuela". La Noche (en castelán). 9 de outubro de 1965. p. 6. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  11. "Lexo, xogador sadense do Dépor na década dos 50, faleceu aos 91 anos". 14 de agosto de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]