Antonio Seisdedos Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seisdedos
Información persoal
Nome Antonio Seisdedos Varela
Nacemento 27 de novembro de 1929
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Lateral, extremo
Carreira xuvenil
Salesianos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Victoria
1948 Bergantiños
1948–1949 Berbés
1950–1952 Atlético Tetuán 36 (0)
1952–1953 Algeciras
1953–1955 Sevilla 24 (0)
1955–1956 Cádiz 26 (0)
1956–1957 Algeciras 35 (0)
1957–1958 Cartagena
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Antonio Seisdedos Varela, nado na Coruña o 27 de novembro de 1929, é un exfutbolista galego, que xogaba como extremo e como lateral esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, comezou xogando nos Salesianos, pasando logo ao Victoria.[1] Máis tarde fichou polo Bergantiños, da Serie A galega, e posteriormente polo Berbés, da Terceira División, nunha época na que xogaba habitualmente como extremo.[2][3] Co equipo vigués debutou na Copa do Xeneralísimo, disputando a primeira rolda da edición 1948/49.[4]

A continuación foi destinado ao norte de África para realizar o servizo militar, e alí fichou polo Atlético Tetuán, que por aquel entón militaba na Segunda División española, ao ser Tetuán parte do Protectorado Español de Marrocos.[5] Debutou na categoría de prata nun encontro fronte ao Melilla e durante esa tempada comezou a xogar tamén como lateral esquerdo.[6] Rematou a campaña como campión, ascendendo así a Primeira División. Debutou na máxima categoría o 14 de outubro de 1951, nun partido contra o Las Palmas no estadio Insular. Non puido lograr a permanencia e despediuse do club marroquí cun total de 38 partidos.

Na tempada 1952/53 xogou cedido no Algeciras, e en maio de 1953 asinou co Sevilla, da Primeira División.[7] Militou dous anos no club andaluz, tendo como adestrador ao arxentino Helenio Herrera, e en 1955 fichou polo Cádiz, de Segunda. Posteriormente xogou de novo no Algeciras, e tamén no Cartagena.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético Tetuán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un coruñés en el At. Tetuán". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 1950. p. 5. 
  2. "Arenal, 1 - Bergantiños, 1". El Correo Gallego (en castelán) (23702). 30 de marzo de 1948. p. 4. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  3. "El subcampeón en Santa Isabel". La Noche (en castelán) (8584). 11 de novembro de 1948. p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  4. "En las primeras eliminatorias de Copa, vencen Juvenil, Lucense, Arosa y Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (7856). 7 de setembro de 1948. p. 4. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  5. G. Luengo, J. M. (19 de xullo de 1951). "Seisdedos jugará ahora en Primera División". El Pueblo Gallego (en castelán) (4242). p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  6. "Tetuán, 0; Melilla, 1". La Noche (en castelán) (9201). 27 de novembro de 1950. p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  7. "Seisdedos fichó por el Sevilla". El Pueblo Gallego (en castelán) (9733). 17 de maio de 1953. p. 8. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]