Confederación Española de Organizacións Empresariais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) é unha institución española fundada en xuño de 1977 que representa o empresariado español, integrando empresas públicas e privadas de todos os sectores. Centra o seu labor en axudar os empresarios en contraposición co labor dos sindicatos.[1]

A afiliación realízase a través de 2.000 asociacións de base e 200 organizacións territoriais e sectoriais.

CEOE é membro de BusinessEurope, patronal que agrupa as organizacións empresariais europeas, ostentando unha das súas vicepresidencias.

En relación co seu financiamento, a CEOE, como tamén os sindicatos españois, recibe subvencións públicas, do goberno central e das comunidades autónomas.[2][3]

Lista de presidentes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]