Joaquín Queizán Taboada
Joaquín Queizán Taboada | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1928 |
Lugar de nacemento | Agolada |
Falecemento | 24 de novembro de 2012 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquín Queizán Taboada, nado en Agolada o 6 de xullo de 1928 e finado en Pontevedra o 24 de novembro de 2012[1] , foi un político galego.
Traxectoria
Estudou Dereito na UNED. Foi oficial instrutor de xuventudes e Delegado provincial de Juventudes de Pontevedra (1959-1970). Na década de 1960 foi designado concelleiro en Pontevedra durante as alcaldías de Xosé Filgueira Valverde, Ricardo García Borregón e Augusto García Sánchez. Precisamente substituíu este último como alcalde de Pontevedra, para o que foi nomeado polo ministro da gobernación a finais de xaneiro de 1974,[2] cesando en 1979. Foi elixido procurador en Cortes en 1975.
Foi candidato á alcaldía de Pontevedra como independente nas primeiras eleccións democráticas, e a súa formación obtivo catro concelleiros, insuficientes para gobernar.
Posteriormente foi delegado provincial en Pontevedra da Xunta de Galicia das áreas de Turismo, Xuventude e Deportes, despois de Cultura, Deportes e Benestar Social, e de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública entre 2001 e 2005[3]
Predecesor: Augusto García Sánchez |
![]() Alcalde de Pontevedra 1974 - 1979 |
Sucesor: José Rivas Fontán
|
Notas
- ↑ "Falece Joaquín Queizán, alcalde de Pontevedra entre os anos 74 e 79". Pontevedra Viva. 24 de novembro de 2012.
- ↑ "Pontevedra: el nuevo alcalde prefiere la designación por votación del pueblo". La Vanguardia. 2 de febreiro de 1974.
- ↑ "Referencia do Consello da Xunta de Galicia que tivo lugar no complexo administrativo de San Caetano o día 11 de agosto de 2005, baixo a presidencia do Excmo. Sr. D. Emilio Pérez Touriño" (PDF). 11 de agosto de 2005.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Queizán será homenajeado por su trayectoria política". Faro de Vigo. 28 de setembro de 2005.