Manuel Paz Sánchez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de setembro de 1934 Pontevedra |
| 6 de novembro de 1967 – 11 de marzo de 1971 – Antonio Ramilo → Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Paz.
Manuel Alfredo Paz Sánchez, nado en Pontevedra o 19 de setembro de 1934, é un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (1958). Funcionario da Administración Xeral do Estado. Concelleiro de Pontevedra durante o franquismo (1965-1972). Subxefe provincial do Movimiento (1965-1967). Foi Presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Pontevedra (1967-1971). Letrado sindical, destinado dende 1976 no Goberno Civil de Pontevedra. Xubilouse como funcionario en 2004.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz do Mérito Militar.
- Orde de san Raimundo de Peñafort.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 18-9-2004, p. L5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "PAZ SÁNCHEZ, Manuel Alfredo". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 116. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.