Saltar ao contido

Angostura trifoliata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angostura trifoliata
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
(sen clasif.) Angiospermae
División: Magnoliophyta
(sen clasif.): Eudicots
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
(sen clasif.): Rosids
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Xénero: 'Angostura'
Especie: A. trifoliata
Nome binomial
'Angostura trifoliata'
(Willd.) T.S.Elias (1970)
Sinonimia
  • Ver texto.

Angostura trifoliata ou Galipea cusparia, coñecida como angostura, é unha especie fanerógama de planta medicinal, árbore da familia das rutáceas orixinaria de Suramérica. A súa cortiza emprégase polos seus principios amargos. É orixinaria de Venezuela.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore duns 15 a 25 m de altura con follas trilobuladas de até 6 dm de longo, de desagradable e picosa fragrancia, sobre longos pecíolos; as folliñas son ovo-lanceoladas, sésiles, puntiagudas e posúe puntos brancos na face.

As flores xorden en longos acios axilares, de cor branca e con penachos peludos na parte exterior. A cortiza é de cor marrón-gris.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

A planta angostura (Galipea officinalis, Angostura trifoliata) ten forma similar a dun arbusto e foi estudada polo seu potencial antibiótico e actividade citotóxica (destrúe as células). Considérase que a cortiza é a fonte principal destas propiedades medicinais.

Aínda que a angostura (árbore) e o licor amargo de Angostura comparten o nome, o licor é chamado así pola cidade de Angostura, Venezuela, é dicir, que, pola contra do que se cre popularmente, non fai uso da Angostura trifoliata.

A codia, pois, posúe as seguintes propiedades medicinais.

  • Úsase como tónico amargo, herba aromática, estimulante respiratorio, estomacal, febrífugo, carminativo. En doses altas tamén é algo vomitiva e laxante (antidiarreicos e antiespasmódicos).
  • En tratamentos de gastrites crónicas, dispepsia, falta de apetito, hipoacidez gástrica.
  • En coctelaría é moi apreciada, pois é o ingrediente principal de bebidas tipo Bíter, que é unha bebida alcohólica aromatizada con esencias de herbas e que ten un sabor amargo.
  • Os indios fan uso da cortiza con po de aspersión na auga, que se utiliza para atordar os peixes.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Angostura trifoliata foi descrita por (Willd.) T.S.Elias e publicado en Taxon 19:575. (1970)[1]

Sinonimia
  1. 1,0 1,1 1,2 Angostura trifoliata en Trópicos
  2. "Angostura trifoliata". Departamento de Agricultura dos Estados Unidos: Germplasm Resources Information Network (GRIN). Consultado o 19 de outubro de 2009. 
  3. Angostura trifoliata en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]