André Marie Ampère
Aparencia
André Marie Ampère, nado en Lión en 1775 e finado en Marsella en 1836, foi un físico francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autor xa dende moi novo de traballos matemáticos, tamén se interesou polos grandes problemas da física e da química do seu tempo. En 1814 desenvolveu a hipótese (xa formulada independentemente por Avogadro) segundo a cal tódolos gases a igualdade de volume, presión e temperatura conteñen o mesmo número de moléculas. Tamén estudou as accións mutuas das correntes e os imáns, e puxo as bases da electrodinámica. En 1821 emitiu a hipótese de que as moléculas dun corpo se comportan coma correntes particulares que a imantación pode dirixir. Inventou o galvanómetro, o primeiro telégrafo eléctrico, e, xunto con Arago, o electroimán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: André Marie Ampère |