Saltar ao contido

Lei de Ampère

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha corrente eléctrica produce un campo magnético, seguindo a lei de Ampère.

En física do magnetismo, a lei de Ampère, modelada polo francés André-Marie Ampère en 1831,[1] relaciona un campo magnético estático coa causa, é dicir, unha corrente eléctrica estacionaria. James Clerk Maxwell corrixiuna posteriormente e agora é unha das ecuacións de Maxwell, formando parte do electromagnetismo da física clásica.

A lei de Ampère explica que a circulación da intensidade do campo magnético nunha contorna pechada é proporcional á corrente que percorre nesa contorna.

O campo magnético é un campo angular con forma circular, cunhas liñas que encerran a corrente. A dirección do campo nun punto é tanxento ao círculo que encerra a corrente.

O campo magnético diminúe inversamente coa distancia ao condutor.

Ampliación da lei orixinal: lei de Ampère-Maxwell

[editar | editar a fonte]

A lei de Ampère-Maxwell[2][3][4] ou lei de Ampère xeneralizada é a mesma lei corrixida por James Clerk Maxwell que introduciu a corrente de desprazamento, creando unha versión xeneralizada da lei e incorporándola ás ecuacións de Maxwell.

Forma integral

[editar | editar a fonte]

sendo o último termo a corrente de desprazamento, sempre e cando a corrente sexa constante e directamente proporcional ao campo magnético, a á súa integral (E) pola súa masa relativa.

Forma diferencial

[editar | editar a fonte]

Esta lei tamén se pode expresar de forma diferencial, para o baleiro:

ou para medios materiais

Exemplo de aplicación

[editar | editar a fonte]

Fío condutor infinito

[editar | editar a fonte]

Campo magnético creado por un fío condutor de lonxitude infinita polo que circula unha corrente , no baleiro.

O obxectivo é determinar o valor dos campos , e en todo o espezo.

Escríbese a lei de Ampère:

.
  • Empréganse coordenadas cilíndricas polas características de simetría do sistema.
  • Defínese unha curva arredor do condutor. É conveniente tomar unha circunferencia de raio .
  • O diferencial de lonxitude da curva será entón
  • Para este caso, a corrente encerrada pola curva é a corrente do condutor:
.
  • Como o sistema posúe simetría radial (é indistinguible un punto calquera da circunferencia doutro que estea noutro ángulo sobre a mesma curva), pódese dicir que o campo e o raio son independentes da coordenada . Polo tanto poden saír fóra da integral. Intégrase para toda a circunferencia, dende 0 a .
.
  • A integral que queda non é máis que o perímetro da circunferencia: .
  • Despexamos e queda en función de . A dirección é en , pola regra da man dereita:
  • Como se está a traballar no baleiro, , polo tanto:
  • E pola mesma razón, en ausencia de materiais magnéticos:

Forma do ángulo sólido

[editar | editar a fonte]

Se c é un lazo pechado polo que circula unha corrente i, e Ω é o ángulo sólido formado polo circuíto e o punto en que se calcula o campo, entón a intensidade de campo magnético vén dada por:

  1. Fitzpatrick, Richard (2007). "Lei de Ampère". 
  2. Fleisch, Daniel (2008). A Student's Guide to Maxwell's Equations. Cambridge University Press. p. 83. ISBN 9781139468473. 
  3. Garg, Anupam (2012). Classical Electromagnetism in a Nutshell. Princeton University Press. p. 125. ISBN 9780691130187. 
  4. Katz, Debora M. (2016). Physics for Scientists and Engineers: Foundations and Connections, Extended Version. Cengage Learning. p. 1093. ISBN 9781337364300. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Griffiths, David J. (1998). Introduction to Electrodynamics (3.ª ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-805326-X.
  • Tipler, Paul (2004). Physics for Scientists and Engineers: Electricity, Magnetism, Light, and Elementary Modern Physics (5.ª ed.). W. H. Freeman. ISBN 0-7167-0810-8.
  • Tipler, Paul (2005). Física para la ciencia y la tecnología. 5.ª edición. (Editorial Reverte)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]