Alphonse Milne-Edwards
Alphonse Milne-Edwards | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de outubro de 1835 |
París | |
Falecemento | 21 de abril de 1900 e 20 de abril de 1900 |
5.º arrondissement de Paris | |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Faculté de médecine de Paris, Facultade de Ciencias de París e sen etiquetar |
Ocupación | botánico, ornitólogo, zoólogo, carcinologist, profesor universitario, naturalista e paleontólogo |
Pai | Henri Milne-Edwards |
Premios | comendador da Lexión de Honor e Grande Médaille d'Or des Explorations |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alphonse Milne-Edwards, nado o 13 de outubro de 1835 en París, e finado o 21 de abril de 1900 na mesma cidade, foi un médico, naturalista, botánico, zoólogo (especializado en ornitoloxía e en carcinoloxía) e paleontólogo francés. Era fillo do tamén médico e zoólogo Henri Milne Edwards.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Obtivo o doutoramento en medicina en 1859, en en 1865 foi profesor na Escola de Farmacia en 1865.
Publicou numerosas obras en ornitoloxía, entre as que cómpre destacar Recherches anatomiques et paléontologiques pour servir à l'histoire des oiseaux fossiles de la France (en catro volumes, 1867-1872) e Recherches sur la faune ornithologique éteinte des îles Mascareignes et de Madagascar (1866-1874).
Tamén realizou investigacións sobre os mamíferos de Madagascar e da Asia Central.
A. Milne-Edwards foi profesor de ornitoloxía e mastozooloxía no Museo Nacional de Historia Natural de Francia desde 1876, do que foi director desde 1891.
Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia en 1879. Foi tamén membro do consello de administración da Société Nationale d'Acclimatation de France de 1873 a 1900, ano do seu falecemento.
En 1881 dirixiu unha misión de exploración cienífica no golfo de Biscaia. Máis tarde esta estenderíase ás illas Canarias, ás de Cabo Verde e ás Azores. Este traballo foi recompensado coa medalla de ouro da Royal Geographical Society. En 1876 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society of London.
Alphonse Milne-Edwards recibiu fondos do goberno francés para organizar o Primeiro Congreso Internacional de Zooloxía en 1889, no momento da Exposición Universal de París de 1889. Para a organización deste evento foi nomeado presidente da Société zoologique de France.
Sucedeu ao seu pai Henri Milne Edwards na cadeira de vertebrados do Museo cando seu pai se xubilou.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- Histoire naturelle des animaux. Masson, Paris 1897
- Notice sur quelques espèces d'oiseaux actuellement éteintes qui se trouvent représentées dans les collections du Muséum d'Histoire naturelle. Paris 1893
- Crustacés. Gauthier-Villars, Paris 1891
- Expéditions scientifiques du Travailleur et du Talisman pendant les années 1880, 1881, 1882, 1883. Masson, Paris 1888–1906
- Eléments de l'Histoire naturelle des Animaux. Masson, Paris 1882
- Notice sur les travaux scientifiques. Martinet, Paris 1879
- Recherches pour servir à l'histoire naturelle des mammifères. Masson, Paris 1868–74
- Recherches anatomiques et paléontologiques pour servir à l'histoire des oiseaux fossiles de la France. Massons, Paris 1867–71
- Recherches sur la faune ornithologique éteinte des iles Mascareignes et de Madagascar. Masson, Paris 1866–73
- Recherches anatomiques, zoologiques et paléontologiques sur la famille des Chevrotains. Martinet, Paris 1864
- Monographie des crustacés de la famille cancériens. Annales des sciences naturelles, zoologie, Series 4, 18 (1862) : 31-85 ; 20 (1863) : 273-324 ; Séries 5, 1 (1864) : 31-88 ; 3 (1865) : 297-351. 1862-1865
- Histoire des crustacés podophthalmaires fossiles. Annales des Sciences Naturelles, Séries 4, Zoologie, 14 : 129-294, pls. 1-10. 1860
- Rapport sur la production et l'emploi du sel en Angleterre... Paris 1850
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Entre outros, recibiu os seguintes recoñecementos:
- Medalla de ouro da Royal Geographical Society.
- Membro da Zoological Society of London.
- Comendador da Lexión de Honor francesa.[1]
Abreviaturas[editar | editar a fonte]
- A breviatura A. Milne-Edwards emprégase para recoñecer a Alphonse Milne-Edwards como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
- A abreviatura Milne-Edw. emprégase para recoñecer a Alphonse Milne-Edwards como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Condecoracíón mencionada na súa acta de ddefunción, consultada no sitio dos archives de Paris.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alphonse Milne-Edwards ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alphonse Milne-Edwards |