Alma Gallega (A Habana, 1917)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alma Gallega (A Habana, 1917)

Editar o valor em Wikidata
Fundación1917
editar datos en Wikidata ]

Alma Gallega foi unha publicación semanal editada na Habana en 1917, escrita integramente en lingua castelá.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Órgano radical de las aspiraciones de la Región, apareceu o 6 de xaneiro de 1917. Na portada aparece unha alegoría coa figura de Concepción Arenal. Estaba dirixida por Luís E. Rey. Incluía poesía amatoria, temas da emigración e actividades do Centro Gallego. Publicou poemas de Salvador Rueda, Enrique Mal de Vizoso e José María Calveiro e traballos de temática diversa de Abdón Rodríguez Santos, Jesús Peynó Piñeiro, Constantino Horta, Alfonso Camín e Juan Joaquín Otero. A revista foi favorable á acción do Centro Galego, e divulgou as súas actividades. Só saíron uns poucos números.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Repertorio da prensa galega da emigración Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]