Juan Joaquín Otero
Juan Joaquín Otero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1893 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Falecemento | 21 de setembro de 1970 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Joaquín Otero Pérez, nado en Vilagarcía de Arousa cara 1893 e finado no mesmo concello o 21 de setembro de 1970,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudo no Colexio Minerva de Vigo, onde colaborou en La Concordia e Noticiero de Vigo. Emigrou a Cuba nos primeiros anos do século XX. Foi xefe de redacción de Eco de Galicia (1919-1920) e Heraldo de Galicia e subdirector de Carteles. Publicou poemas en Galicia, Voz Astur, Galicia Gráfica, Alma Gallega, Ecos de España, Carteles e Cuba y España e colaborou en El Progreso. Foi presidente do Club de Leones da Habana e tesoureiro do Instituto Cubano de Cultura Hispánica. En 1955 recibiu a Orde de Isabel la Católica. Residiu no poboado de Güines. Usou o pseudónimo Juan Joaquín. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Regresou a España en abril de 1958.
Obras[editar | editar a fonte]

- Ella... Páginas de amor y de dolor, 1921.
- Palabras de un león, 1943.
- Ideas sobre España y América. La labor de España en el continente americano, 1955.
- Pinceladas humorísticas, 1959.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1970, p. 10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 132. ISBN 84-8472-069-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 03 de maio de 2016 en Wayback Machine.