Salvador Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Salvador Rueda
Salvador Rueda.png
Salvador Rueda cara 1914.
Nacemento 3 de decembro de 1857
Lugar Benaque, Málaga, España
Falecemento 1 de abril de 1933
Lugar Málaga, España
Nacionalidade España
Ocupación poeta e escritor
Xéneros Poesía
editar datos en Wikidata ]

Salvador Rueda Santos, nado na aldea de Benaque (Macharaviaya, Málaga) o 3 de decembro de 1857 e finado en Málaga o 1 de abril de 1933, foi un xornalista e poeta español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casa natal de Salvador Rueda, Benaque.

Fillo de xornaleiros, tivo unha formación autodidacta.

Considerado como o precursor español do Modernismo.

Obras[editar | editar a fonte]

Inscrición da casa.

Escritor moi fecundo, é autor de novelas (La cópula, novela erótica debedora de Felipe Trigo) e relatos costumistas de ambiente andaluz como El patio andaluz (1886), El cielo alegre (1887), El gusano de luz (1889), La reja (1890), idilios poéticos e obras teatrais (as pezas: La Musa, La Guitarra, Vasos del rocío, Los ojos e La cigarrera). A súa obra poética iniciouse en 1880 con Renglones cortos e seguiu en 1883 con Noventa estrofas, prologado por Núñez de Arce, e con Cuadros de Andalucía, do mesmo ano. Clarín, Rubén Darío e Unamuno prologaron, respectivamente, tres dos seus libros: Cantos de la vendimia (1891), En tropel (1892) e Fuente de salud (1906).

O Realismo de Ramón de Campoamor deixouse sentir nalgunhas das súas obras poéticas: en 1888 publicou Sinfonía del año, á que seguiron El secreto (1891), Fornos (1894), El bloque (1896) e Himno a la carne (1890), unha serie de sonetos nos que aparece un erotismo espiritualista que escandalizou a Juan Valera. Os seus libros poéticos de madurez son Piedras preciosas (1900), Fuentes de salud (1906), Trompetas de órgano (1903) e Lenguas de fuego (1908). En 1928 apareceu Antología poética e en 1957 a súa obra póstuma Claves y símbolos.

Lousa da Academia de Bellas Artes de San Telmo.

Salvador Rueda creou xunto a Manuel Reina, de Córdoba, unha estética literaria de tipo parnasiano denominada Colorismo que o fixo predecesor español do Modernismo hispanoamericano e exerceu algún influxo renovador sobre poetas máis novos, como Francisco Villaespesa ou Juan Ramón Jiménez. Posteriormente, Rueda asumiu a estética modernista levada a España por Rubén Darío. Nas súas composicións buscou a harmonía, baseada na melodía e o ritmo. Así, a súa obra converteuse nun repertorio variado de formas e combinacións estróficas renovadoras; introduciu novidades métricas que logo utilizaron case todos os vates modernistas (a modificación do soneto, a profusa utilización do dodecasílabo, as variedades do hexámetro clásico...).