Allium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Allium
Cebolas (Allium cepa)
Cebolas (Allium cepa)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Subfamilia: Allioideae
Tribo: Allieae
Xénero: Allium
L.
Especies

Anexo:Especies de Allium

Allo bravo (Allium vineale).

Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte.

Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas.[1] A especie tipo do xénero é Allium sativum.[2]

No Sistema de clasificación APG III Allium inclúese na familia Amaryllidaceae, subfamilia Allioideae (anteriormente, familia Alliaceae).[3] Nalgúns sistemas de clasificación máis antigos, Allium colocábase na familia Liliaceae.[4]

Son plantas bulbosas anuais ou bienais que medran en climas temperados do hemisferio norte, agás unhas cantas especies que medran en Chile, como (Allium juncifolium), no Brasil (Allium sellovianum) ou en África tropical (Allium spathaceum). A súa altura pode variar entre 10 cm e 1,5 m e as flores forman unha umbela ao final dun talo carente de follas. O tamaño dos bulbos varía tamén considerabelmente e forman pequenos arredor do principal. Moitas especies do xénero Allium caracterízanse fitoquimicamente pola formación de sulfuros e sulfóxidos de alilo, en cuxa biosíntese se detectou como principal precursor a aliína.

Allos ornamentais[editar | editar a fonte]

Numerosas especies de Allium utilízanse en xardinaxe para embelecer parques e xardíns e se coñecen coma "allos ornamentais". Son fáciles de cultivar se ben non son moi populares, tal vez polo cheiro aliáceo que botan. As súas inflorescencias teñen longa vida na auga, polo que tamén son útiles como flor cortada. Ademais, as inflorescencias secas utilízanse para decoración do fogar. A diversidade que presentan estas especies ornamentais, tanto en altura (dende 2 a 12 dm), como en forma e cor da follaxe (dende follas finas até moi largas, verde escura até verde azulado) e cor das flores (amarelo, branco, azul, púrpura e rosado) fainas sumamente versátiles para ubicar en distintos tipos de xardíns. Presentan dous tipos básicos de inflorescencias: en esferas grandes ou en pequenos grupos de flores erectas ou decumbentes. Entre as primeras áchanse Allium giganteum, Allium albopilosum, A. sphaerocephalon, A. aflatunense e A. karataviense. No segundo tipo de inflorescencia áchanse A. narcissiflorum, A. triquetrum, A. beesianum e a popular Allium moly.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pablo Hirschegger, Jernej Jaške, Peter Trontelj, and Borut Bohanec. 2010. "Origins of Allium ampeloprasum horticultural groups and a molecular phylogeny of the section Allium (Allium; Alliaceae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 54(2):488-497.
  2. Allium en el Index Nominum Genericorum.
  3. Chase, M.W., Reveal, J.L., e Fay M.F. "A subfamilial classification for the expanded asparagalean families Amaryllidaceae, Asparagaceae and Xanthorrhoeaceae", Botanical Journal of the Linnean Society vol. 161, n.º 2, pp. 132–136.
  4. Eric Block, "Garlic and Other Alliums: The Lore and the Science" (Cambridge: Royal Society of Chemistry, 2010)
  5. Rosella Rossi. 1990. Guía de Bulbos. Grijalbo. Barcelona.
  6. Hessayon, D.G. The Bulb Expert. Transworld Publishers Ltd. Londres, 1999

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Allium