Saltar ao contido

Aligátor do Mississippi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aligátor do Mississippi
 Nome taxon
    Alligator mississippiensis
Imaxe
 Instancia de
Características
 Interacciona con
 Ciclo diurno
 Interacciona fisicamente con
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeCrocodilia
FamiliaAlligatoridae
XéneroAlligator
EspecieAlligator mississippiensis Editar o valor en Wikidata
Daudin, 1801 Alligator mississippiensis Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 8 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02g2w1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909117068 Editar o valor en Wikidata
UNIID4HXU4L6TD Editar o valor en Wikidata
ITIS551771 Editar o valor en Wikidata
OTT335590 Editar o valor en Wikidata
UICN46583 Editar o valor en Wikidata
CoLBTRB Editar o valor en Wikidata
EOL796029 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
Aligátor do Mississippi comendo un crustáceo

O aligátor[1] do Mississippi[2] (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos. 

Características

[editar | editar a fonte]
Cranio e mandíbula de aligátor do Mississippi.

É a maior especie do xénero Alligator, e de feito é un dos crocodilios máis grandes de América, alcanzando un máximo de 6 metros de longo,[3] aínda que debido á desaparición de grandes animais da zona por causas antrópicas, hoxe en día, os machos oscilan entre 4 e 4,5 m e as femias chegan aos 3 m.[4][5] O seu peso oscila entre os 70 kg das femias e os máis de 450 kg dos machos.[6]

Taxonomía e filoxenia

[editar | editar a fonte]

Este crocodilio americano foi clasificado por primeira vez polo zoólogo francés François Marie Daudin como Crocodilus mississipiensis en 1801. En 1807 Georges Cuvier creou o xénero Alligator;[7] que comparte co Alligator sinensis. Ambos agrúpanse na familia Alligatoridae, xunto cos caimáns. A superfamilia Alligatoroidea inclúe tódolos crocodilos (fósiles e existentes) que están máis estreitamente relacionados co crocodilo americano que co crocodilo do Nilo ou co gavial.[8][Cómpre clarificar]

Os membros desta superfamilia xurdiron por primeira vez no Cretáceo tardío. O Leidyosuchus de Alberta é o xénero máis antigo coñecido. O crocodilo americano moderno está representado no rexistro fósil do Plistoceno.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese polos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos, desde Carolina do Norte ata o sur de Texas, lindando coa fronteira mexicana chegando ata o estado de Tamaulipas. A persecución humana de que foi obxecto noutro tempo fíxoo desaparecer de moitas zonas, e neste momento só abunda realmente no estado de Florida e en menor medida na desembocadura do río Mississippi. É unha especie protexida nos Estados Unidos, e moitos dos parques nacionais de Florida creáronse no seu momento co fin de preservar as súas zonas de caza e cría.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Definición de aligátor no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. ↑ Forma recomendada polo SNL da USC a partir da proposta do Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.
  3. ↑ "Everglades National Park article on the American Alligator". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xuño de 2016.
  4. ↑ Crocodile Species - American Alligator
  5. ↑ ADW: Alligator mississippiensis: Information
  6. ↑ American alligator
  7. ↑ url=http://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=174366#
  8. ↑ Brochu, Christopher A. (2003). "Phylogenetic approaches toward crocodylian history" (PDF). Annual Review of Earth and Planetary Sciences 31: 357–97. doi:10.1146/annurev.earth.31.100901.141308.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]