Ali Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAli Smith

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Inverness, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Aberdeen (pt) Traducir
Newnham College (en) Traducir
Inverness High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , dramaturga , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Strathclyde Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e conto Editar o valor em Wikidata
LinguaInglês escocês (pt) Traducir e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSarah Wood
Premios

IMDB: nm4497203 Musicbrainz: 917d5c32-9c50-4783-9f70-fa9fd1269b6a Songkick: 1949091 Editar o valor em Wikidata

Ali Smith, nada en Inverness o 24 de agosto de 1962, é unha escritora, dramaturga, investigadora e xornalista escocesa. Sebastian Barry describiuna en 2016 como a "Nobel de Escocia que estamos esperando".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Smith naceu en Inverness o 24 de agosto de 1962, filla de Ann e Donald Smith. Os seus pais, de clase traballadora,[2] posuían unha vivenda protexida.[3][4] Entre o 1967 e o 1974, estudou a primaria na escola de St. Joseph RC e, até o 1980,[5][6] foi a un instituto de secundaria de Inverness. Graduouse en Literatura e Lingua Inglesa pola Universidade de Aberdeen (1980-1985).[7] No 1984, recibiu o premio Bobby Aitken Memorial da súa universidade, na categoría de Poesía.[5]

Entre o 1985 e o 1990, estivo matriculada no Newham College de Cambridge, coa intención de facer unha tese de doutoramento sobre o modernismo estadounidense e irlandés. Porén, durante este período comezou a escribir obras de teatro, polo que abandonou os seus estudos.[5][8]

Smith trasladouse a Edimburgo no 1990 para traballar como profesora de literatura escocesa, inglesa e estadounidense na Universidade de Strathclyde.[6] Porén, no 1992 foi diagnosticada cunha síndrome de fatiga crónica, así que regresou a Cambridge para recuperarse.[5][8]

Na súa mocidade, traballou a tempo parcial como camareira, guía turística, recepcionista na BBC ou redactora de publicidade.[5]

Carreira[editar | editar a fonte]

Namentres estudaba en Cambridge, varias das súas obras foron representadas no Festival de Edimburgo e no Cambridge Footlights. Posteriormente, centrouse en escribir relatos e no seu traballo para o xornal The Scotsman.[5] No 1995, publicou o seu primeiro libro, Free Love and Other Stories, unha colección de doce contos, co que gañou o premio da Saltire Society ó mellor debut do ano, e tamén o premio á mellor novela do Consello das Artes de Escocia.[9] No 2009, doou o seu relato Last (xa publicado na rede polo Manchester Review) ao Proxecto "Ox-Tales" de Oxfam, catro escolmas de contos de máis de 30 autores e autoras do Reino Unido. O texto de Smith publicouse na colección titulada Fire.[10]

Smith redactou artigos para diversos xornais, entre os que se atopan The Guardian, The Scotsman, New Statesman e o Times Literary Supplement.[11]

Traballos[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Like (1997)
  • Hotel World (2001)
  • The Accidental (2005)
  • Girl Meets Boy (2007)
  • There But For The (2011)
  • Artful (2012)
  • How to Be Both (2014)
  • Autumn (2016)
  • Winter (2017)
  • Spring (2019)
  • Summer (2020)
  • Companion Piece (2022)

Coleccións de historias curtas[editar | editar a fonte]

  • Free Love and Other Stories (1995).[9]
  • Other Stories and Other Stories (1999)[12]
  • The Whole Story and Other Stories (2003)[12]
  • The Firts Person and Other Stories (2008)[13]
  • Public Library and Other Stories (2015)

Obras[editar | editar a fonte]

  • Stalemate (1986), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
  • The Dance (1988), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
  • Trace of Arc (1989), creado durante Edinburgh Festival Fringe[5]
  • Daughters of England (1989-1990), inédito, Cambridge Footlights[14]
  • Amazons (1990), Cambridge Footlights[5]
  • Comic (1990), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe[5][6]
  • The Seer (2001)[15]
  • Just (2005)[15]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Shire (2013), con imaxes de Sarah Wood: relatos e textos autobiográficos. Full Circle Editions.

Outros proxectos[editar | editar a fonte]

  • Ali Smith colaborou co grupo escocés Trashcan Sinatras, escribindo a letra da canción "Half an apple". Publicouse o 5 de marzo do 2007, no álbum Ballads of the Book.[4]
  • No 2008, Smith editou The Book Lover, unha colección da súa literatura favorita, que inclúe pezas de Sylvia Plath, Muriel Spark, Grace Paley e Margaret Atwood, Joseph Roth ou Clarice Lispector.[16]
  • No 2008, escribiu o relato "Writ" para unha antoloxía promovida por Save the Children e editada por Arcadia Books: The Children's Hours. Publicouse traducida en Portugal, Italia, China e Corea do Sur.
  • No 2011, escribiu unha breve autobiografía no xornal The Observer, dentro da serie "Érase unha vez unha vida".[17]
  • En outubro do 2011, Smith publicou The Story of Antigone, unha reescritura do clásico de Sófocles ilustrada por Laura Paroletti. Este texto é parte da serie Save the Stories de Pushkin Children's Books.[18]
  • En outubro do 2012, Smith deu un sermón na Catedral de Manchester, seguido dunha sinatura de libros.[19]
  • No 2013, publicou Artful, un libro baseado nas conferencias sobre literatura comparada europea que impartira o ano anterior no St Anne's College de Oxford.[20]
  • O 10 de setembro do 2015, foi nomeada Socia de Honra de Goldsmiths.[21]
  • En xullo do 2016, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de East Anglia.[22]
  • Smith contribuiu á serie Refugee Tales.[23] In 2016, Smith's story "The Detainee's Tale" was published by Comma Press in Refugee Tales Volume 1.[24]
  • En maio do 2021, publicou o relato "The final frontier" na nova revista The European Review of Books.[25][26]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Smith vive en Cambridge coa súa parella, a directora de cine Sarah Wood.[27][28]

Honras e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2007, Smith foi elixida membro da Royal Society of Literature.<[29] Tamén foi ordenada Comandante da Orde do Imperio Británico no 2015 polos seus servizos á literatura.[30] A Universidade de Newcastle concedeulle un doutoramento honoris causa no 2019.[31]

Premios literarios[editar | editar a fonte]

Ano Obra Premio Categoría Resultado Ref
2001 Hotel World Encore Award Gañador [12]
Scottish Mortgage Investment Trust Book of the Year Award Gañador
Booker Prize Finalista
Women's Prize for Fiction Finalista
2005 The Accidental Costa Book Awards Costa–Novel Gañador
Booker Prize Finalista
Women's Prize for Fiction Finalista
2007 Girl Meets Boy Diva magazine readers’ choice Libro do ano Gañador [32]
Sundial Scottish Arts Council Novela do ano Gañador [33]
2011 There But For The The Guardian book review Mellores novelas do ano [34]
2012 Artful Goldsmiths Prize Finalista [35][36]
2014 How to Be Both Women's Prize for Fiction Gañador [37]
Costa Book Awards Costa–Novel Gañador [38]
Booker Prize Finalista [39]
Goldsmiths Prize Finalista [40][41]
Folio Prize Finalista [42]
2016 Autumn Booker Prize Finalista [43]
2020 Spring Europese Literatuurprijs Gañador [44]
2020 Summer Orwell Prize Gañador [45]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Best books of 2016 – part two". The Guardian (en inglés). 2016-11-27. ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-21. 
  2. Begley, Adam (2017). "Ali Smith, the Art of Fiction No. 236". The Paris Review. Summer 2017 (221). 
  3. "Ali Smith". Contemporary Writers in the UK. The British Council. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 2009-02-27. 
  4. 4,0 4,1 Matthews, Elizabeth (30 de marzo de 2007). "Novel approach struck a chord with Inverness writer". The Inverness Courier. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2009-02-27. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Ali Smith: Contemporary Critical Perspectives. Londres: Bloomsbury. 2013. ISBN 978-1-4411-5990-8. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Smith, Ali 1962–". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-11-19. 
  7. Germanà, Monica; Horton, Emily (2013-07-18). Ali Smith: Contemporary Critical Perspectives (en inglés). A&C Black. ISBN 9781441181558. 
  8. 8,0 8,1 "Ali Smith - Honorary Award Holders, Anglia Ruskin University". www.anglia.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2016. Consultado o 2016-11-19. 
  9. 9,0 9,1 "Ali Smith". guardian.co.uk. Guardian News and Media Limited. 22 de xullo de 2008. Consultado o 2009-02-27. 
  10. "Order your copy of Ox-Tales : Talking Books : Oxfam GB". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 2010-11-14. 
  11. Hershman, Tania. "The First Person and Other Stories by Ali Smith". The Short Review. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 2016-11-11. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Ali Smith". Contemporary Writers in the UK. The British Council. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 2009-02-27. 
  13. Guest, Katy (3 de outubro de 2008). "The First Person and Other Stories, By Ali Smith". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 23 de abril de 2009. 
  14. "Cambridge Footlights - 1980-1989 (Archive)". Cambridge Footlights. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. 
  15. 15,0 15,1 "Ali Smith". Doollee.com. 2014-04-24. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2016-11-11. 
  16. "The Book Lover by Ali Smith". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 22 de febreiro de 2011. 
  17. Ali Smith (28 de maio de 2011). "Once upon a life: Ali Smith | Life and style". The Guardian. Consultado o 2016-11-11. 
  18. "The Story of Antigone by Ali Smith". www.penguinrandomhouse.com (en inglés). Consultado o 2020-04-09. 
  19. "The Manchester Sermon: Ali Smith, reviewed by Gemma Fairclough - The Manchester Review". The Manchester Review (en inglés). 2012-10-19. Consultado o 2018-02-02. 
  20. Cohen, Leah Hager (1 de febreiro de 2013). "A Light to Read By". The New York Times. 
  21. Cox, Sarah (8 de setembro de 2015). "Novelist Ali Smith named Honorary Fellow". Goldsmiths, University of London (en inglés). Consultado o 2018-02-02. 
  22. "Day 1 - Ali Smith - UEA". www.uea.ac.uk (en inglés). Consultado o 2017-05-03. 
  23. "About". Refugee Tales (en inglés). Consultado o 2021-02-16. 
  24. "Refugee Tales - Comma Press". commapress.co.uk. Consultado o 2021-02-16. 
  25. "Ali Smith | The European Review of Books". europeanreviewofbooks.com. Consultado o 2022-10-22. 
  26. Grimm, Oliver (23 de xuño de 2021). "Eine Revue, um die EU besser zu kritisieren". Die Presse. 
  27. Winterson, Jeanette (25 de abril de 2003). "Ali Smith". The Times. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembor de 2016. Consultado o 2009-02-28. 
  28. Noted. "Ali Smith interview". www.noted.co.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-09-25. 
  29. "Royal Society of Literature All Fellows". Royal Society of Literature. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2010. Consultado o 10 de agosto de 2010. 
  30. "Order of the Companions of Honour : Members of the Order of the Companions of Honour" (PDF). Gov.uk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2016. 
  31. "Honorary degrees celebrate excellence". Newcastle University. 17 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020. 
  32. "Girl Meets Boy wins Diva Book Of The Year". The Myths. 2014-04-17. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2011. Consultado o 2016-11-11. 
  33. "Sundial Scottish Arts Council Book of the Year". Scottish Arts Council. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2009. Consultado o 2009-02-27. 
  34. "Books of the year 2011 | Books". The Guardian. Consultado o 2016-11-11. 
  35. "Jim Crace makes Goldsmiths Prize shortlist". BBC News. 1 de outubro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  36. "Shortlist 2013". Goldsmiths Prize. 1 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  37. Lusher, Adam (3 de xuño de 2015). "Baileys Women's Prize for Fiction 2015 winner: Ali Smith triumphs with How to Be Both". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  38. "Ali Smith's 'How to be both' takes Costa novel award". Reuters (en inglés). 2015-01-05. Consultado o 2022-08-04. 
  39. "Man Booker Prize: Howard Jacobson makes shortlist". BBC News. 9 de setembro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2014. 
  40. "The shortlist for the 2014 Goldsmiths Prize has been announced". New Statesman. 1 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  41. "Ali Smith wins Goldsmiths Prize for How to be Both". BBC News. 13 de novembro de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2014. 
  42. "2015 | The Rathbones Folio Prize" (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  43. Flood, Alison (13 de setembro de 2017). "Man Booker prize 2017: shortlist makes room for debuts alongside big names". The Guardian. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  44. "Europese Literatuurprijs 2020". Europese Literatuurprijs. Consultado o 2 de maio de 2023. 
  45. "Smith, Yaffa win 2021 Orwell Prizes". Books+Publishing (en inglés). 2021-06-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-28.