Saltar ao contido

Alfred Döblin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfred Döblin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1878 Editar o valor en Wikidata
Szczecin, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 1957 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Emmendingen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVosgos Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Praga
Sarreguemines
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta, escritor de ciencia ficción, médico, medical officer (en) Traducir, guionista, neurólogo, médico escritor, dramaturgo, xornalista, novelista, ensaísta, crítico de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoExilliteratur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioLinke Poot
Hans Fiedeler
Knaas Pieth Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeErna Döblin Editar o valor en Wikidata
FillosPeter Doblin, Wolfgang Döblin, Klaus Döblin, Stefan Döblin Editar o valor en Wikidata
IrmánsHugo Döblin Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webalfred-doeblin.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0246841 Allocine: 88379 Allmovie: p309001
BNE: XX1163594 iTunes: 426888562 Musicbrainz: 8f6de900-988c-4278-ae5e-1248a547a010 Discogs: 4107639 Find a Grave: 179676334 Editar o valor en Wikidata
Rostro de Alfred Döblin nun selo postal

Alfred Döblin, nado o 10 de agosto de 1878 en Stettin, Pomerania, (actualmente Szczecin (Polonia) e finado o 26 de xuño de 1957 en Emmendingen, foi un médico e escritor alemán expresionista.

1878-1918

[editar | editar a fonte]

Fillo dun xastre xudeu, mudouse a Berlín coa súa familia en 1898, onde estudou medicina. Durante a súa época de estudante interesouse na filosofía, sobre todo en Immanuel Kant, Arthur Schopenhauer e Friedrich Nietzsche. Tras rematar os estudos, traballou como xornalista en Ratisbona e Berlín, antes de lograr un posto como psiquiatra no barrio obreiro de Alexanderplatz.

Durante este tempo escribiu varias novelas, pero ningunha foi publicada ata 1915. Ese ano publicouse Die Drei Sprünge des Wang-lun (Os tres saltos de Wang-lun), que gañou o Premio Theodor Fontane.

Durante a primeira guerra mundial exerceu de médico no exército alemán, pero continuou escribindo. Desta época é a novela histórica Wallenstein, situada na Guerra dos 30 anos.

1919-1933

[editar | editar a fonte]

En 1920 afiliouse á Schutzverband Deutscher Schriftsteller (Asociación de Escritores Alemáns) e en 1924 converteuse no seu presidente. Foi membro do grupo 1925 xunto a Bertolt Brecht.

En 1929 publicouse Berlin Alexanderplatz. Escrita parcialmente en alemán coloquial, mezclando varios puntos de vista, voces e niveis do idioma, cun estilo parecido a James Joyce, conta a historia de Franz Biberkopf, un ex-convicto que se ve arrastrado cada vez máis nun submundo de crime e delincuencia do que non pode escapar.

El mesmo colaborou na primeira versión cinematográfica da novela, dirixida en 1931 por Piel Jutzi. A historia de Franz Biberkopf foi adaptada para a televisión en 1980 por Rainer Werner Fassbinder nunha serie de catorce capítulos.

1933-1957

[editar | editar a fonte]

Cando os nazis chegaron ó poder en Alemaña, Döblin fuxiu a Suíza e logo ós Estados Unidos, onde traballou para a Metro-Goldwyn-Mayer en Hollywood.

En 1941 converteuse ó catolicismo influenciado polas súas lecturas de Søren Kierkegaard e Baruch Spinoza.

En 1945 volveu a Europa traballando para o Ministerio de Cultura de Francia. Volveu a Alemaña e instalouse en Baden-Baden, onde traballou como editor dunha revista pero, desgustado polo contorno político do seu país natal, volveu a Francia, país do que tiña a nacionalidade desde 1936.

As súas dúas obras máis importantes dese período son a novela histórica November 1918 e Hamlet, onde expresa as súas esperanzas para Europa.

En 1956 ingresou nun sanatorio, onde permaneceu practicamente paralizado ata a súa morte.

  • Dissertation: Gedächtnisstörungen bei der Korsakoffschen Psychose (1905). Tropen Verlag, Berlín 2006. ISBN 3-932170-86-5
  • Der Ritter Blaubart (1911), Erzählung
  • Die Ermordung einer Butterblume (1913), Erzählungen
  • Die drei Sprünge des Wang-lun (novela, 1915).
  • Wadzeks Kampf mit der Dampfturbine (novela, 1918).
  • Wallenstein (Novela histórica expresionista, 1920).
  • Die beiden Freundinnen und ihr Giftmord (1924), Erzählung
  • Berge, Meere und Giganten (novela, 1924; editada en 1932 como Giganten)
  • Reise in Polen (1925), Bericht
  • Manas (1927), Versepos (zum Stoff, dem kirgisischen Nationalepos Manas, siehe Manas (Epos))
  • Der Feldzeugmeister Cratz. Der Kaplan (1927). Erzählungen Weltgeist, Berlín 1927 (die 1. Erz. wieder in: Neue deutsche Erzähler Bd. 1 (Max Brod u.a.) Paul Franke, Berlín o.J. (1930))
  • Berlin Alexanderplatz (novela, 1929).
  • Unser Dasein (1933), "Zwischentexte"
  • Babylonische Wanderung (novela, 1934).
  • Pardon wird nicht gegeben (novela, 1935).
  • Bürger und Soldaten 1918 (novela, 1939), Roman (später umgearbeitet zu Bd. 1 de novembro de 1918)
  • November 1918. Eine deutsche Revolution (novela 1949-50). Roman in vier Bänden
  • Hamlet oder Die lange Nacht nimmt ein Ende (novela, 1956).