Picadero JC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picadero Damm
Información xeral
Fundación 1951
Desaparición 25 de xullo de 1973
Cores           Azul, branco
Localización
Cidade España Barcelona, España
Pavillón El Picadero
Campionatos
Copa 2 (1964, 1968)

O Picadero Jockey Club, coñecido por motivos de patrocinio até 1970 como Picadero Damm, foi un club polideportivo español con sede en Badalona, Cataluña. A súa sección de baloncesto, desaparecida en 1973, conseguiu gañar dúas Copas de Rei.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1951 por Joaquín Rodríguez Roselló sobre as bases do antigo Picadero Andaluz na Diagonal de Barcelona. O club contou con equipos de varios deportes, aínda que destacou especialmente na modalidade de baloncesto, tanto masculina como feminina. O seu equipo terminou segundo na Liga Española en catro ocasións (1964, 1965, 1966, 1970) e gañou dúas Copas, en 1964 e 1968. Nas súas filas militaron xogadores como Jesús Codina, Josep María Jofresa, Alfonso Martínez e Víctor Escorial. Na década de 1970 perdeu influencia polo auxe doutros clubs do seu mesma provincia, como o FC Barcelona, o RCD Espanyol, o Bàsquet Manresa ou o Joventut Badalona. A sección masculina desapareceu en 1973 por problemas económicos.[1] Anos máis tarde tamén desapareceron o resto de seccións e só quedou o equipo de baloncesto feminino, que se mantivo até comezos dos anos 1980. Os seus socios acabaron integrándose no Club Esportiu Laietà.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

  • España Miguel Albanell
  • España Lorenzo Alocén
  • España Chus Codina
  • España Josep Maria Jofresa
  • España Joaquín Enseñat
  • España Víctor Escorial
  • España Joan Fa Busquets
  • España Miguel Ángel González
  • España Ángel González-Adrio
  • España Rafael González-Adrio
  • España Alfonso Martínez
  • España Juan Martos
  • España José Nora
  • España Jordi Parra
  • España José Ramón Ramos
  • España Javier Sanjuán
  • España Josep Maria Soler
  • España José María Soro
  • Porto Rico Teófilo Cruz

Palmarés[editar | editar a fonte]

Copa de España

  • Campións (2): 1964, 1968

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa Competicións europeas
1959–60 2 2ª División
1960–61 2 2ª División
1961–62 1 1ª División 10–8 Semifinais
1962–63 1 1ª División 11–5 Semifinais
1963–64 1 1ª División 13–9 Campión
1964–65 1 1ª División 11–3 Cuartos de final
1965–66 1 1ª División 15–3 Cuartos de final
1966–67 1 1ª División 13–7 Cuartos de final
1967–68 1 1ª División 9–11 Campión
1968–69 1 1ª División 16–6 Semifinais 2 Recopa OF 3–1
1969–70 1 1ª División 18–1–3 Semifinais
1970–71 1 1ª División 13–3–6 Semifinais
1971–72 1 1ª División 13–9 3 Copa Korać CF 0–2
1972–73 1 1ª División 15–15 3 Copa Korać SF 1–3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Picadero renuncia a la Primera División". El Mundo Deportivo. 26 de xullo de 1973. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]