Garxuni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O garxuni, tamén coñecido como karxuni, é a lingua árabe escrita no alfabeto siríaco.

O garxuni empezou a ser usado a partir do século VII, cando o árabe empezaba a volverse a lingua falada predominante no Crecente Fértil, pero a escritura árabe non estaba aínda ben desenvolvida nin tiña a ampla difusión que despois acadou. De feito, hai evidencia de que o feito de escribir o árabe en garxuni influenciou o estilo da moderna escritura árabe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]