Alberte I de Mónaco
Alberte I de Mónaco | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de novembro de 1848 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 26 de xuño de 1922 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Catedral da Nosa Señora Inmaculada |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Collège Stanislas (París) |
Ocupación | oceanógrafo e político |
Pai | Carlos III de Mónaco |
Nai | Antoinette van Merode |
Cónxuxe | Mary Victoria Hamilton e Marie Alice Heine |
Fillos | Luís II de Mónaco |
Premios | Orde da Aguia Negra, Ordem de Santo Olavo, Medalha Alexander Agassiz, Medalha Vega, Patron’s Medal, Medalha Geográfica Cullum, Medalla Echegaray e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alberte I foi o príncipe reinante de Mónaco de 1889 a 1922. Fillo de Carlos III de Mónaco e da condesa Antoinette Ghislaine de Merode-Westerloo, naceu en París o 13 de novembro de 1848.
Comezou estudos marítimos en Lorient pero tras negociacións do seu pai co goberno español decidiuse que continuase a súa formación militar en España, chegou a España en abril de 1866, residiu durante un tempo en Madrid ata incorporarse á fragata Tetuán que estaba ancorada en Cádiz, o 25 de xullo a fragata chegou ata o porto de Vigo, na ría de Pontevedra realizaron exercicios de instrución e ós poucos marchou para A Habana. O príncipe Alberte incorporouse á dotación do Hernán Cortés en decembro de 1866, o navío con base na Habana realizaba servizos de vixilancia no Caribe. En xuño de 1867 foi destinado ó vapor Blasco de Garay e en marzo de 1868 á fragata Gerona, xa en abril solicitou unha licenza que pasou en Nova York e percorrendo os Estados Unidos e tras ela volveu a Mónaco. O 28 de agosto de 1868 foi promovido polo goberno español a tenente de navío, por mor do triunfo da Revoluvión de 1868 renunciou a seguir na mariña española.
Casou no Château Marchais, Mónaco, o 21 de setembro de 1869 con Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton, de quen naceu o seu fillo e sucesor Luís II de Mónaco.
En xaneiro de 1875 acompañou a Afonso XII na viaxe de regreso a España desde o exilio do proclamado rei tras o pronunciamento de Sagunto.
Casou en segundas nupcias, tras divorciarse da primeira muller, con Marie Alice Heine (París, 30 de outubro de 1889). Morreu en París o 26 de xuño de 1922.
Predecesor: Carlos III de Mónaco |
Príncipe de Mónaco 1899 - 1922 |
Sucesor: Luís II de Mónaco |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberte I de Mónaco ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |