Lois II de Mónaco
Aparencia
Lois II de Mónaco, nado en Baden-Baden o 12 de xullo de 1870 e finado en Mónaco o 9 de maio de 1949, foi o príncipe soberano de Mónaco desde 1922 até 1949.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Alberte I de Mónaco e da súa primeira muller, Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton (filla do 11º duque de Hamilton), naceu en Baden-Baden o 12 de xullo de 1870. Casou en Mónaco o 24 de xullo de 1946 con Ghislaine Marie Françoise Dommanget. Como non tivo fillos no matrimonio, tivo que recoñecer a Charlotte, filla ilexítima, para garantir a sucesión e, xa que logo, a independencia de Mónaco.
| Predecesor: Alberte I de Mónaco |
Príncipe de Mónaco 1922 - 1949 |
Sucesor: Rainiero III de Mónaco |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |