Alberte I de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberte I de Mónaco
Prince Albert I of Monaco - circa 1910.jpg
Nacemento13 de novembro de 1848
Lugar de nacementoParís
Falecemento26 de xuño de 1922
Lugar de falecementoParís
SoterradoCatedral de Nossa Senhora Imaculada
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterCollège Stanislas (París)
Ocupaciónoceanógrafo e político
PaiCarlos III de Mónaco
NaiAntoinette van Merode
CónxuxeMary Victoria Hamilton e Marie Alice Heine
FillosLuís II de Mónaco
PremiosOrde da Aguia Negra, Ordem de Santo Olavo, Medalha Alexander Agassiz, Medalha Vega, Patron’s Medal, Medalha Geográfica Cullum, Medalla Echegaray e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
Na rede
WikiTree: Grimaldi-10 Find a Grave: 7832536 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alberte I foi o príncipe reinante de Mónaco de 1889 a 1922. Fillo de Carlos III de Mónaco e da condesa Antoinette Ghislaine de Merode-Westerloo, naceu en París o 13 de novembro de 1848.

Comezou estudos marítimos en Lorient pero tras negociacións do seu pai co goberno español decidiuse que continuase a súa formación militar en España, chegou a España en abril de 1866, residiu durante un tempo en Madrid ata incorporarse á fragata Tetuán que estaba ancorada en Cádiz, o 25 de xullo a fragata chegou ata o porto de Vigo, na ría de Pontevedra realizaron exercicios de instrución e ós poucos marchou para A Habana. O príncipe Alberte incorporouse á dotación do Hernán Cortés en decembro de 1866, o navío con base na Habana realizaba servizos de vixilancia no Caribe. En xuño de 1867 foi destinado ó vapor Blasco de Garay e en marzo de 1868 á fragata Gerona, xa en abril solicitou unha licenza que pasou en Nova York e percorrendo os Estados Unidos e tras ela volveu a Mónaco. O 28 de agosto de 1868 foi promovido polo goberno español a tenente de navío, por mor do triunfo da Revoluvión de 1868 renunciou a seguir na mariña española.

Casou no Château Marchais, Mónaco, o 21 de setembro de 1869 con Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton, de quen naceu o seu fillo e sucesor Luís II de Mónaco.

En xaneiro de 1875 acompañou a Afonso XII na viaxe de regreso a España desde o exilio do proclamado rei tras o pronunciamento de Sagunto.

Casou en segundas nupcias, tras divorciarse da primeira muller, con Marie Alice Heine (París, 30 de outubro de 1889). Morreu en París o 26 de xuño de 1922.

Predecesor:
Carlos III de Mónaco
Príncipe de Mónaco
1899 - 1922
Sucesor:
Luís II de Mónaco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.