Alberto Closas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Closas

(1939) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación e dirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de cinema , actor , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmelia Bence
PaiRafael Closas i Cendra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0167070 Musicbrainz: 100633ff-8aca-415b-b0d1-871141c4ea73 Find a Grave: 6945999 Editar o valor em Wikidata

Alberto Closas Lluró, nado en Barcelona o 3 de outubro de 1921 e finado en Madrid o 19 de setembro de 1994, foi un actor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rafael Closas Cendre, Conselleiro sen carteira da Generalitat de Cataluña, a súa educación realizouse entre o Reino Unido e Francia, estudando o Bacharelato no Petit Licée de Talance, de Bordeos. Finalizada a guerra civil española houbo de exiliarse coa súa familia, primeiro a París e despois a Santiago de Chile.

Na capital chilena estudou arte dramática na Escola de Arte de Margarida Xirgu, de cuxa compañía pasou a formar parte, estreando, entre outras obras Mariana Pineda, de Federico García Lorca, que supuxo o seu debut profesional ou La dama del alba (1944), de Alejandro Casona. Seguidamente instláronse en Buenos Aires para estrear El adefesio (1944), de Rafael Alberti e Montevideo, no momento de creación da Comedia Nacional uruguaia.

Tras a disolución da compañía da Xirgu, Closas permaneceu en Buenos Aires, debutando no cine arxentino coa película Brigada 21 (1942) e consolidando a súa reputación na gran pantalla até ser galardoado por Danza del fuego (1949).

Regresou a España en 1955 e inmediatamente protagonizou ás ordes de Juan Antonio Bardem unha das obras cume do cine español: Muerte de un ciclista. Desde ese momento compaxinou cine e teatro, caracterizando en múltiples ocasións un tipo de personaxe definido pola súa distinción e refinamento. Ademais, realizou incursións no ámbito empresarial, construíndo o Teatro Marquina de Madrid.

Para a gran pantalla despuntou en títulos como Una muchachita de Valladolid (1958), El baile (1959), La gran familia (1962), La familia y uno más (1965) ou Esquilache (1989), de Josefina Molina.

En televisión protagonizou a serie de TVE Las doce caras de Juan (1967) e interveu, xa na década de 1980, en Gatos en el tejado (1989) e Goya (1985).

Sobre os escenarios, cultivou éxitos con obras de Benavente, Gala ou Mihura. Tras unha nova etapa en Latinoamérica, regresou a España en 1982, anunciando a súa despedida das táboas en 1987 coa obra La zorra, de Alfonso Paso, aínda que retornaría tan só un ano despois, sendo El canto de los cisnes, con Amparo Rivelles, a última peza que puxo en escena uns meses antes do seu falecemento.

Faleceu en Madrid o 19 de setembro de 1994 á idade de 72 anos por un cancro de pulmón.

O seu fillo Alberto Closas Jr. continuou os seus pasos artísticos.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Cóndor de Prata ao mellor actor de repartición por Danza del fuego (1949)
  • Premios do Sindicato Nacional do Espectáculo ao mellor actor por La vida en un bloc (1956) e Operación Plus ultra (1966)
  • Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao mellor actor principal por La fierecilla domada (1955)[1]
  • Medalla da CEC ao mellor actor principal por Distrito quinto (1958)[2]
  • Fotogramas de Prata ao mellor intérprete de cine español por Un tesoro en el cielo (1958)
  • Premio Sant Jordi de cine ao mellor actor español por Una muchachita de Valladolid (1958)
  • Premio Konex - Diploma ao Mérito ao Mellor Actor de Comedia en Cine e Teatro da década (1981)
  • Premio Mayte de Teatro por El canto de los cisnes (1993)
  • Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1994)

Teatro[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Premios del CEC a la producción española de 1955". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de febreiro de 2018. 
  2. "Premios del CEC a la producción española de 1958". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 05 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]