Al Jolson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al Jolson
Nome completoAsa Yoelson
AlcumeAl Jolson
Nacemento26 de maio de 1886
Lugar de nacementoSeredžius
Falecemento23 de outubro de 1950
Lugar de falecementoSan Francisco
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoHillside Memorial Park Cemetery
NacionalidadeImperio Ruso e Estados Unidos de América
Etniaxudeus estadounidenses
Ocupaciónactor, actor de cinema, cantante, músico de jazz, músico, actor de teatro, humorista, artista discográfico e compositor de cancións
CónxuxeRuby Keeler
IrmánsHarry Jolson
Premiosstar on Hollywood Walk of Fame
Na rede
http://www.jolson.org/
IMDB: nm0427231 Allocine: 14922 Allmovie: p36019 TCM: 96212 TV.com: people/al-jolson IBDB: 11954
Spotify: 197mLk2Z62k4tvGxDL1pOa iTunes: 131815060 Last fm: Al+Jolson Musicbrainz: 5611a8e8-1521-4919-a531-2689bbb57ce4 Discogs: 258519 Allmusic: mn0000609215 WikiTree: Yoelson-1 Find a Grave: 551 Genius: Al-jolson Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Asa Yoelson, nado en Seredzius (Lituania) o 26 de maio de 1886 e finado en San Francisco (California) o 23 de outubro de 1950, foi un cantante, actor, guionista e director de música estadounidense de orixe lituana, coñecido como Al Jolson. Jolson foi alcumado "o rei da blackface",[1][2] convención teatral dende mediados do século XIX. Tamén foi chamado "o artista máis grande do mundo" no cumio da súa carreira. O seu estilo interpretativo era atrevido e extravertido, e popularizou moitas cancións.[3] Na década de 1920, Jolson era o artista máis famoso e mellor pagado dos Estados Unidos.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jolson era fillo dun rabino que en 1893 se trasladou con toda a súa familia aos Estados Unidos.[5] Alí desenvolveu unha gran variedade artística, primeiro como animador en vodevís, cafés, prazas e circos, e logo no teatro, onde realizaba repertorios burlescos en obras como La Belle Parée (1911), Robinson Crusoe, Jr. (1916) e Sinbad (1918-1920).

Asa e o seu irmán Hirsch, rebautizados como Al e Harry, iniciaron a súa carreira teatral moi novos. Al tomou entón o costume de tinguir o rostro de negro, o que lle valeu o seu primeiro éxito.[6]

En 1920, interpretou "Swanee", un tema de George Gershwin e Irving Caesar que lle deu sona en todos os Estados Unidos. Despois, presentou Bombo, un espectáculo co que continuou o éxito. Con 35 anos, Jolson foi o home máis novo dos Estados Unidos cun teatro co seu nome.[7] En 1925 coñeceu un novo éxito con Big Boy e a canción "California, Here I Come".

No ano 1927 actuou no filme The Jazz Singer, que tiña un argumento moi semellante á súa vida real, como fillo dun rabino. Foi o primeiro filme sonoro, e catapultouno definitivamente á fama. Posteriormente interpretou a versión en teatro con éxito rotundo en todo o país e en Europa. A súa famosa frase "Un momento, un momento, aínda non escoitaches nada!" pasou á historia do cinema. No filme dirixido por Alan Crosland, Jolson cantou varios temas ("Mammy", "Toot, Toot, Tootsie, Goodbye", "Dirty Hands, Dirty Face", "Blue Skies", "Mother, I Still Have You" etc), converténdose nunha estrela da sétima arte, ao que regresa pouco despois interpretando The Singing Fool (1928), fita dirixida por Lloyd Bacon coa que acadou unha popularidade maior aínda que con The Jazz Singer. Nela interpretou "Sonny Boy", un dos máis grandes éxitos da súa historia artística.

A carreira de Al Jolson no cinema continuou nos anos seguintes con Say It With Songs (1929), Mammy (1930) e Hallelujah, I'm a Bum (1933, baixo a dirección de Lewis Milestone), aínda que estes traballos non conseguiron nin moito menos o éxito de público dos precedentes.

A Warner tentou entón relanzar a súa carreira Wonder Bar (1934); os compañeiros de elenco de Jolson foron Dolores del Río, Kay Francis e Dick Powell, mais o filme foi un fracaso.

O músico contraeu matrimonio con Ruby Keeler, unha estrela das revistas musicais, coa que interpretou Go into Your Dance en 1935. Ao ano seguinte protagonizou The Singing Kid antes de volver aos escenarios de music-hall.

Retornou á gran pantalla en 1939 con Rose of Washington Square. En Rhapsody in Blue (1945), un filme que repasa a vida de George Gershwin, Jolson interpretouse a el mesmo, cantando obras do compositor que lle proporcionou o seu primeiro grande éxito en moito tempo.

En 1946, prodúcese o filme The Jolson Story, dirixido por Alfred Green e en que o cantante prestou a súa voz ao actor Larry Parks, encargado de interpretar a súa vida na pantalla. O filme foi un grande éxito que lle permitiu relanzar a súa carreira como cantante.

Aínda en vida de Jolson estreouse un segunda filme-homenaxe á súa carreira (Jolson Sings Again, 1949, dirixido por Henry Levin), o que prolongou esta segunda época de éxito do artista.

Poucos meses antes da súa morte, acontecida o 23 de outubro de 1950 en San Francisco debido a un ataque ao corazón, montou un espectáculo musical dirixido ás tropas estadounidenses destinadas na guerra de Corea.[6]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1926 A Plantation Act El mesmo
1927 The Jazz Singer Jakie Rabinowitz
1928 The Singing Fool Al Stone
1929 Sonny Boy El mesmo Cameo
Say It with Songs Joe Lane
New York Nights El mesmo Cameo
1930 Mammy Al Fuller
Showgirl in Hollywood El mesmo Cameo
Big Boy Gus
1933 Hallelujah, I'm a Bum Bumper
1934 Wonder Bar Al Wonder
1935 Go into Your Dance Al Howard
1936 The Singing Kid Al Jackson
1939 Rose of Washington Square Ted Cotter
Hollywood Cavalcade El mesmo
Swanee River Edwin P. Christy
1945 Rhapsody in Blue El mesmo
1946 The Jolson Story El mesmo Sen acreditar
1949 Jolson Sings Again El mesmo Sen acreditar
Oh, You Beautiful Doll El mesmo Sen acreditar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moss, Robert F. (20 October 2000). "Was Al Jolson 'Bamboozled'?". Los Angeles Times. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. Rogin, Michael (primavera de 1992). "Blackface, White Noise: The Jewish Jazz Singer Finds His Voice". Critical Inquiry (University of Chicago Press) 18 (3): 417–453. JSTOR 1343811. doi:10.1086/448640. 
  3. Ruhlmann, William. "Al Jolson". AllMusic. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  4. Bainbridge, Beryl (2005). Front row: Evenings at the Theatre. Londres: Continuum. p. 109. ISBN 9780826482785. 
  5. Freedland, Michael. Al Jolson. W.H. Allen. pp. 17–18. 
  6. 6,0 6,1 Stars over Broadway. PBS.org.
  7. Goldman, Herbert G. (1988). Jolson: The Legend Comes to Life. Oxford University Press. p. 117. ISBN 978-0195055054. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Young, Jordan R. 1999. The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]