Saltar ao contido

Al-Ricotí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAl-Ricotí
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Ricote, España Editar o valor en Wikidata
MorteGranada, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata

Mohammed Ibn Abubéquer al-Ricotí, coñecido como Ricote na España cristiá, nado en Ricote, foi un teólogo, científico e erudito hispano-musulmán do século XII.

Primeiros anos e xuventude

[editar | editar a fonte]

Al-Ricotí naceu na vila de Ricote, na Taifa de Murcia. Os seus primeiros anos na súa vila natal estiveron influídos por unha comunidade de ulemas, místicos musulmáns, que se instalara nas súas proximidades no século IX. Estes místicos viviron en paz cos habitantes do Val de Ricote durante os primeiros séculos de dominación musulmá en Murcia. Neste ambiente tolerante viviu Al-Ricotí desde o seu nacemento, e marcaría a súa vida dedicada ao pensamento e á cultura.

A maior parte da vida de al-Ricotí moveuse entre Ricote e Murcia. O reino era no século XIII un protectorado castelán e, nesa época había un período de convivencia entre as tres relixións maioritarias: musulmá, xudía e cristiá. A esta época de paz e amizade uníuselle o feito de que o infante Afonso era un apaixonado das ciencias e a cultura. Estes dous elementos fixeron que Al-Ricotí entrara pronto na vida do reino de Murcia e, en particular, na do futuro Afonso X o Sabio.

Mestre políglota

[editar | editar a fonte]

Al-Rocotí foi un dos científicos máis grandes da época no mundo musulmán-cristián. Entre os coñecementos de Al-Ricotí destacaban a xeometría, a aritmética, a medicina, o dereito, a teoloxía, a lóxica, a retórica, a dialéctica e a música. Cando aínda non chegara á capital, xa ensinaba ás xentes de distintas relixións nocións sobre as numerosas ciencias que cultivaba. Pero coa particularidade de que o facía en cada unha das linguas doa seus discípulos. Dominaba o árabe, o hebreo, o latín e o romance.

A súa relación con Afonso X O Sabio

[editar | editar a fonte]

Isto non pasou desapercibido para o infante Afonso. Ao seu paso por Murcia, aproximadamente no ano 1243, levou a Al-Ricotí á capital do reino (Murcia). Alí conservoulle todos os seus dereitos e condición social, e fundou para el unha Madrasa ou Centro de Estudos. Pero a Afonso non lle bastaba con ter a un dos pensadores máis importantes da época traballando para el, quería que se convertera ao cristianismo. Dise que incluso chegou a ofrecerlle valiosas recompensas se profesaba a relixión cristiá. Segundo Gaspar y Remiro,[1] a resposta do musulmán ante estas ofertas foi:

"Toda a miña vida servín a un só Deus e non puiden cumprir o que a El se lle debe; que sería de min se tivera que servir a tres, como me pide o rei?".

A Reconquista do reino de Murcia e o ambiente cultural da capital

[editar | editar a fonte]

En 1266 cae definitivamente o reino de Murcia en mans castelás. Desde 1252 Afonso X xa era rei de Castela, e a súa intención era pacificar o Levante español. En Murcia instalouse a Orde dos Predicadores que fundou, baixo os auspicios do rei, un Estudo de Linguas Orientais.

A pesar do ambiente intelectual, culto e tolerante, neste centro parece que tamén se levaba a cabo a controversia e o combate teolóxico contra os non cristiáns. Isto fixo que numerosos sabios cristiáns se desprazaran até Murcia, cabeza dunha zona da península con fama de culta e intelectual. Afonso X, amigo persoal de Al-Ricotí, presionaba máis e máis ao pensador musulmán para que se convertera ao cristianismo e compartira a súa sabedoría cos grandes pensadores cristiáns. Al-Ricotí pensaba que non era necesario cambiar de relixión para que se producise o intercambio cultural e de pensamento entre eles. De feito, colaboraba n Estudo dos dominicos e na Madrasa.

Os últimos anos: a marcha para o reino nazarí

[editar | editar a fonte]

Al-Ricotí non sufriu ningunha diminución intelectual pola presión dos sabios cristiáns, pero non se encontraba xa a gusto en Murcia. O certo é que durante trinta anos mantivo a súa cátedra en Murcia, pero as cada vez maiores presións do rei para que se cristianizara, o empeoramento das condicións dos mudéxares no reino de Murcia tras as revoltas de 1264 e a invitación en firme de Muhammad II de Granada, segundo rei da dinastía nazarí, para que se instalara na súa capital, decidiron a al-Ricotí, pouco despois de 1272, a emprender o forzado camiño do exilio para seguir vivindo en terras do islam.

O rei granadino fíxose discípulo seu, outorgoulle unha alta dignidade no palacio real e creou para el un Centro de Estudos similar á Madrasa murciana. Al-Ricotí permaneceu até a súa morte en Granada, rodeado da estima xeral. Alí esgotaría os últimos días da súa vida dedicada á ensinanza e á defensa do islam nalgunhas controversias, das que se nos di que sempre saíu "vencedor". No que se refire ao centro de estudos de Murcia, desapareceu xunto co seu mestre, e foi trasladado a Sevilla, onde, ao parecer, frutificou.

  1. Gaspar y Remiro, Mariano (1905): Historia de Murcia musulmana. Zaragoza: Tipografía de Andrés Uriarte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]