Ahmet Davutoğlu
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1959 Taşkent |
| 24 de novembro de 2015 – 24 de maio de 2016 ← Ahmet Davutoğlu – Binali Yıldırım → | |
| 17 de novembro de 2015 – Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Konya (en) | |
| 28 de agosto de 2015 – 24 de novembro de 2015 ← Ahmet Davutoğlu – Ahmet Davutoğlu → | |
| 29 de agosto de 2014 – 28 de agosto de 2015 ← Recep Tayyip Erdoğan – Ahmet Davutoğlu → | |
| 6 de xullo de 2011, 2 de maio de 2009 – 29 de agosto de 2014, 28 de agosto de 2014 ← Ahmet Davutoğlu – Mevlüt Çavuşoğlu → Membro do gabinete: Cabinet Erdogan III (en) | |
| 2 de maio de 2009 – 6 de xullo de 2011 ← Ali Babacan – Ahmet Davutoğlu → | |
| Ambassador of Turkey (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Sunnismo |
| Educación | Universidade do Bósforo Istanbul High School (en) |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Cor do pelo | Cabelo negro |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Relacións internacionais e política exterior |
| Ocupación | Diplomático, político, científico político, pedagogo, escritor e profesor. |
| Empregador | Istanbul Beykent University (en) |
| Partido político | Future Party (Turkey) (en) Partido da Justiça e Desenvolvimento (pt) |
| Participou en | |
| 20 de xaneiro de 2016 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 |
| 21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
| 22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
| 23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sare Davutoğlu |
| Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
Ahmet Davutoğlu, nado en Konya o 26 de febreiro de 1959, é un académico, político e diplomático turco que é primeiro ministro de Turquía desde o 28 de agosto de 2014 e líder do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) desde o 27 de agosto de 2014. Anteriormente fora ministro de relacións internacionais entre 2009 e 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse no İstanbul Erkek Lisesi, recoñecido por Alemaña como Deutsche Auslandsschule (escola Internacional alemá) e estudou logo na Facultade de Economía e Ciencia Política da Universidade Boğaziçi en Istanbul. Realizou un grao de mestrado en administración pública e un doutoramento en ciencia política e relacións internacionais. Entre 1993 e 1999, Davutoğlu traballou na Universidade de Marmara, converténdose en profesor titular en 1999. Foi presidente do Departamento de Relacións Internacionais na Universidade de Beykent en Istanbul. Entre 1995 e 1999, escribiu columnas semanais para xornal Yeni Şafak.
Por decisión conxunta do presidente Ahmet Necdet Sezer e do primeiro ministro Abdullah Gül recibiu o título de embaixador en 2003.[1]
Escribiu en inglés Alternative Paradigms: The Impact of Islamic and Western Weltanschauungs on Political Theory, The Civilizational Transformation and The Muslim World e en turco Stratejik Derinlik e Küresel Bunalım.
Asesor do primeiro ministro
[editar | editar a fonte]Davutoğlu foi asesor xefe de política internacional de Recep Tayyip Erdoğun ao se converter este en primeiro ministro, desenvolvendo a nova política internacional do seu partido, para lograr un papel máis destacado do seu país no Oriente Medio. A súa posición como asesor coincidiu coa invasión norteamericana de Iraq de 2003. Mostrouse contrario en 2007 á entrada de tropas norteamericanas no norte de Iraq polo reforzamento que podería supor para os movementos separatistas kurdos presentes na zona.[2]
Posicións en política internacional
[editar | editar a fonte]Nos seus artigos para Yeni Şafak e no libro Stratejik Derinlik desenvolveu o que se coñece como doutrina Davutoğlu na que aposta por reconstruír e manter relacións estreitas cos antigos territorios do Imperio Otomán por medio dunha política coñecida como neootomanismo.[3]. Outro punto forte da súa visión exterior é o panislamismo, no cal ve o islam como un factor unificador do Oriente Medio.[4] En contraste con estas dúas visións, Davutoğlu tamén defendeu un política prooccidental, de apoio á OTAN e de defensa da integración de Turquía na Unión Europea.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "T.C Resmî Gazete, 18 de xaneiro de 2008". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2010. Consultado o 07/10/2015.
- ↑ "Davutoğlu, Kuzey Irak'a dokundurtmuyor", Haber 7
- ↑ Daloğlu, Tulin. "Davutoğlu Invokes Ottomanism as new Mideast Order". Al Monitor. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2014.
- ↑ " Davutoglu, Neo-Osmanlici degil Pan-Islamist". Taraf. 23 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2014. Consultado o 07 de outubro de 2015.
- ↑ "Rusya'yı izole etme lüksümüz yok". SoL. Consultado o 10 de setembro de 2014.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ahmet Davutoğlu |