Ahmed Shawqi
Nome orixinal | (ar) أحمد شوقي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1868 O Cairo, Exipto |
Morte | 23 de outubro de 1932 (63/64 anos) O Cairo, Exipto |
Educación | Universidade de Montpellier Universidade de París |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, tradutor, lingüista, poeta, escritor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
Ahmed Shawqi (en árabe: أحمد شوقي), nado no Cairo en 1868 e finado ibídem o 23 de outubro de 1932, foi un poeta e dramaturgo exipcio. Considerado un dos pioneiros da literatura árabe moderna, introduciu as epopeas na literatura árabe e mais é tamén autor dunha poesía única e fortemente orixinal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shawqi procedía dun ambiente privilexiado e cosmopolita, tiña orixe kurda e circasiana par parte de pai e turca e grega pola nai, e estaba en boas relacións coa corte do khedive de Exipto. Tras rematar o bacharelato, seguiu estudos xurídicos e despois logrou un diploma en tradución.
Traballou durante un ano na corte de Abbas II, e despois estudou dereito durante tres anos en Franciae, nas universidades de Montpellier e París. Durante a súa estada en Francia, recibe unha fonda influencia da obra dos dramaturgos franceses (en primeiro lugar Molière etRacine) o mesmo que as fábulas de La Fontaine. O 18 de xullo de 1893 obtivo o diploma de estudos xurídicos e ao ano seguinte volveu Exipto. Shawqi converteuse nunha das personalidades con máis influencia na cultura exipcia ata que as autoridades británicas o exilian en 1914 en Andalucía, onde permaneceu ata 1920, data do seu segundo regreso a Exipto.
Obra
[editar | editar a fonte]A obra de Ahmed Shawqi pódese clasificar en tres períodos principais :
- O primeiro período coincide co seu emprego na corte. Nesta época escribe eloxios dedicados ao khedive.
- O segundo período corresponde co seu exilio en España. Nesta etapa predomina o sentimento de nostalxia e alienación que se verten en poemas patrióticos sobre Exipto e munde árabe.
- O derradeiro período comeza despois da volta do exilio. Interésase pola historia gloriosa do Exipto antigo e do islam. Escribe poemas relixiosos, glosando o profeta do islam Mahoma. A madurez do seu estilo poético reflíctese nas súas pezas de teatro que se editaron neste período.
Teatro
[editar | editar a fonte]Ahmed Shawqi foi o primeiro autor árabe en escribir teatro teatro poético.
- Traxedias :
- Majnoun Laila, (مجنون ليلى,), a súa primeira peza.
- Masra Kilyubatra (مصرع كليوبترا "A morte de Cleopatra"), a súa peza máis célebre.
- 'Antara(عنترة), inspirada na lenda árabe de Antara.
- Ali Bek Al-Kabir (علي بك الكبير).
- Qambiz (قمبيز).
- Comedias:
- As-sit Houda (الست هدى, "A señora Houda")
- Al-Bakhila (البخيلة, "O avaro")
Poesía
[editar | editar a fonte]Os seus poemas foron recoñecidos desde o comezo como obras mestras, reagrúpanse na colectánea "Esh-Shawqiyyat" (الشوقيات), en catro volumes, axuntando poemas e fábulas en verso ao estilo de La Fontaine. Os volumes conteñen Nahj Al-Burda (نهج البردة), unha apoloxía de Mahoma.