Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mido
Mido 18-10-2008 1.jpg
Nome completo: Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid
Alcume: '
Data de nacemento: 23 de febreiro de 1983
Lugar de nacemento: O Cairo, Exipto
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Exipcio
Club actual: Zamalek
Posición: Dianteiro
Altura: 1,88 metros
Partidos internacionais: 51
Goles: 19
Ano do debut: 1999
Club do debut: Zamalek
Ano do retiro:
Club do retiro:

Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid máis coñecido como "Mido", nado no Cairo (Exipto) o 23 de febreiro de 1983, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro. Na súa xuventude foi considerado o mellor futbolista da historia de Exipto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dianteiro de gran técnica, potencia física e facilidade rematadora formouse nas categorías inferiores do Zamalek, chegando ao primeiro equipo na tempada 1999-00. Pronto ficharía polo KAA Gent Belga, de onde pasaría ao Ajax de Amsterdam no ano 2001

Tras unha boa tempada en Holanda, Mido comezaría a ter problemas co adestrador do equipo Ronald Koeman polo que ao final da tempada 2002-03 decidiu cedelo ao Celta de Vigo, que buscaba asegurar a clasificación para disputar a Liga de Campións.

A chegada do dianteiro exipcio a Vigo supuxo unha gran mellora defensiva para o equipo, o xogador adaptaríase de forma extraordinariamente rápida ao xogo celeste necesitando so vinte minutos do seu partido de debut para marcar un gran gol ao Athletic de Bilbao.

Mido so xogaría no Celta oito encontros, marcando catro goles. Ademais do do seu debut marcaría dous ante o Osasuna e outro ante a Real Sociedade na última xornada, gol que supuxo a clasificación do Celta de Vigo para xogar a Liga de Campións por primeira vez na súa historia.

A elevada opción de compra do xogador propiedade do Ajax, de 10 millóns de euros, fixo que o Celta non a fixexe efectiva e deixase escapar ao xogador que a clasificou para a Copa de Europa. Pero máis que os cartos pesou a traxectoria de xogador problemático que arrastraba o xoven exípcio.

Finalmente sería o Olympique de Marsella quen ficharía a Mido como estrela do equipo, porén o xogador exipcio non tería sorte ao contar ca competencia do dianteiro marfileño Drogba que despuntaría ese mesmo ano. Esa tempada marcaría 7 goles en 23 encontros polo que ao rematar ficharía polo AS Roma, pero alí tampouco tería fortuna, ao pedirselle ao xoven dianteiro que suplira a toda unha lenda como Gabriel Batistuta e marchouse no mercado de inverno tras non marcar ningún gol con destino ao Tottenham Hotspur en calidade de cedido.

No club inglés militaría outras dúas tempadas, facendo un moi bo primeiro ano onde marcou 11 goles e un segundo onde so disputou 12 encontros marcando un gol.

No ano 2007 estivo a piques de volver a fichar polo Celta pero non se materializou, fichando por seis millóns de libras polo Middlesbrough FC.

Tras varios anos de cesións sen fortuna en Wigan, Zamalek, West Ham United e Ajax regresou ao Zamalek exipcio onde xoga na actualidade.

Foi 51 veces internacional ca selección nacional absoluta de Exipto, marcando 19 goles e proclamándose campión de Áfricano ano 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha do xogador en Bdfútbol