Zamalek Sporting Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Zamalek Sporting Club (popularmente Zamalek), é un club polideportivo de Giza, en Exipto, recoñecido internacionalmente pola súa exitosa sección de fútbol, que é a segunda máis laureada de África. Fundado en 1911 co nome Kasr-El Nil Club, recibiu o seu nome actual en 1952.

As cores do Zamalek son o branco e o vermello, sendo brancas a camiseta, as medias e o pantalón, con 2 franxas vermellas horizontais no peito.

O Zamalek xoga os seus encontros como local no Cairo International Stadium, un recinto multiusos no que se poden disputar encontros de fútbol ou competicións de atletismo, que ten capacidade para 75.000 seareiros, e no cal tamén teñen a súa localía o seu grande rival, o Al-Ahly SC, e a Selección de fútbol de Exipto.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Premier League de Exipto (11) = 1960, 1964, 1965, 1978, 1984, 1988, 1992, 1993, 2001, 2003, 2004
  • Copa de Exipto (21) = 1922, 1932, 1935, 1938, 1941, 1943, 1944, 1952, 1955, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1975, 1977, 1979, 1988, 1999, 2002, 2008
  • Supercopa de Exipto (2) = 2001, 2002

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

  • Liga de Campións da CAF (5) = 1984, 1986, 1993, 1996, 2002
  • Recopa de África (1) = 2000
  • Supercopa da CAF (3) = 1994, 1997, 2003

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]