Ahmad Shah Massoud
Ahmad Shah Massoud | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de setembro de 1953 |
Bazarak | |
Falecemento | 9 de setembro de 2001 |
Takhar | |
Causa | explosive device |
Nacionalidade | Afganistán |
Relixión | Islam |
Alma máter | Universidade de Cabul |
Ocupación | político e líder militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ahmad Shah Massoud (persa احمد شاه مسعود Aḥmad Šāh Masʻūd), nado o 2 de setembro de 1953 e finado o 9 de setembro de 2001,[1] foi un líder político e militar afgán que foi unha figura central na resistencia contra a ocupación soviética entre 1979 e 1989 e nos anos seguintes de guerra civil.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Massoud era un taxico de fe musulmá sunnita fillo dun coronel do exército, orixinario de Jangalak no val do Panjshir ao norte de Afganistán e educado en escolas que seguían o réxime de estudos francés. Estudou enxeñería na Universidade de Cabul na década de 1970, e alí tras a caída da monarquía e a toma do poder polos comunistas en 1973 contactou con movementos islamitas anticomunistas que se movían en torno á órbita de Burhanuddin Rabbani e os Irmáns Musulmáns recibindo adestramento militar en Paquistán[2] e curtíndose en operacións de guerrilla en Exipto e Líbano en 1974 e 1975.[3] Volveu á súa terra ntal en 1978 cuns poucos seguidores e logo da ocupación soviética de 1979 converteuse nun dos líderes da insurxencia coñecido co alcume do "León do Panjshir". En 1992 foi designado ministro de defensa tras o Acordo de Peshawar, un tratado de paz e de repartición do poder no poscomunista Estado Islámico de Afganistán e loitou contra unha alianza de milicias dirixida por Gulbuddin Hekmatyar e eventualmente polos Talibán, que sitiaron Cabul en xaneiro de 1995.
Seguindo o ascenso dos Talibán en 1996, Massoud que rexeitaba a súa interpretación fundamentalista do islam[4] volveu á oposición armada, serviu coma o líder político e militar da Fronte Islámica Unida (tamén coñecida no Occidente co nome de Alianza do Norte), opoñéndose tamén á interferencia de Paquistán nos asuntos internos afgáns [5]. Foi asasinado, probablemente por instigación de al Qaida nun ataque suicida dous días antes dos ataques do 11 de setembro nos Estados Unidos, que levaron a ese país e á OTAN a intervir en Afganistán, aliados coas forzas de Massoud.
Postumamente Massoud recibiu a consideración de "Heroe Nacional" por orde do presidente afgán Hamid Karzai e a data da súa morte, 9 de setembro, obsérvase como festa nacional coñecida como "Día de Massoud" en Afganistán[6],por ser Massoud a figura arredor da cal se aglutinou a loita contra os talibán e así foi percibido pola comunidade internacional pero a súa figura tamén respondeu á necesidade que tiña o goberno afgán de contar cun heroe nacional e un símbolo de unión non cuestionado nun momento de incerteza e cambio [7]. Pero tamén recibiu críticas por permitir o tráfico de drogas, por permitir abuso de dereitos humanos ou por asasinar a civís [8].
En 2002, a xornalista Marie-Rose Armesto, publicou Son mari a tué Massoud, no que realizou unha entrevista á muller dun dos seus asasinos.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Al Qaïda: quelques observations critiques sur le livre « Son mari a tué Massoud »". terrorisme.net. 27-08-2002. Consultado o 19-08-2018.
- ↑ Mikaberidze (2011), p. 48
- ↑ Caldwell (2011), p.83
- ↑ Grad (2007), p. 310
- ↑ Pollock, John M. (2002). Ahmad Shah Massoud: A Case Study in the Challenges of Leading Modern Afghanistan (PDF). United States Marine Corps Command and Staff College Marine Corps University. p. 1.
- ↑ "Afghanistan Events" Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Lonely Planet Travel Guide.
- ↑ Johnson, Casey G. The Fletcher School – Al Nakhlah – Tufts University, ed. "Charisma in Modern Islamic Revolutionary Movements: The Case of Ahmad Shah Massoud" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2013. Consultado o 09 de setembro de 2013.
- ↑ Gutman, Roy (2008). How We Missed the Story: Osama Bin Laden, the Taliban, and the Hijacking of Afghanistan. US Institute of Peace Press. pp. 221-222.
- ↑ "Al Qaïda: quelques observations critiques sur le livre « Son mari a tué Massoud »". terrorisme.net. 27-08-2018. Consultado o 19-08-2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Caldwell, Dan (2011). Vortex of Conflict: U.S. Policy Toward Afghanistan, Pakistan, and Iraq. Stanford: Stanford University Press. ISBN 978-0804776660.
- Grad, Marcela (2009). Massoud: An Intimate Portrait of the Legendary Afghan Leader. St. Louis, MO: Webster University Press. ISBN 9780982161500.
- Mikaberidze, Alexander (2011). Conflict and Conquest in the Islamic World: A Historical Encyclopedia. Vol. 1. Santa Bárbara (California): ABC-CLIO,LLC. ISBN 1598843362.