Saltar ao contido

Adrian Tchaikovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdrian Tchaikovsky

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Woodhall Spa (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Reading Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlegal executive (en) Traducir (–2019), escritor de ciencia ficción, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Páxina webadriantchaikovsky.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: aptshadow BNE: XX6049713 Spotify: 5reibzp7WdfdIpM2smYEe2 Musicbrainz: 5f2375e8-67d5-410c-9bdb-6793a7c0d62b Deezer: 79736562 Editar o valor en Wikidata


Adrian Czajkowski , nado en Woodhall Spa, Lincolnshire, o 14 de xuño de 1972 - que asina os seus libros coa ortografía Adrian Tchaikovsky - é un escritor británico de fantasía e ciencia ficción. É coñecido pola súa serie de fantasía Shadows of the Apt e pola súa novela de ciencia ficción Heirs of Time, que gañou o premio Arthur C. Clarke en 2016 á mellor novela de ciencia ficción publicada no Reino Unido.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou zooloxía e psicoloxía na Universidade de Reading, e posteriormente licenciouse en Dereito. Até 2019 traballou como asesor xurídico no Departamento de Disputas comerciais de Leeds. Vive en Leeds coa súa muller e o seu fillo.

O 23 de xaneiro de 2019, Tchaikovsky recibiu un doutoramento honoris causa en artes pola Universidade de Lincoln.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Despois de quince anos de intentos infrutuosos, conseguiu publicar a súa primeira novela Empire in Black and Gold en 2008.

Nome literario

[editar | editar a fonte]

Decidiu publicar co apelido transcrito como Tchaikovsky, xa que a ortografía do seu nome —de orixe polaca— podería ter causado dificultades aos lectores en lingua inglesa, mentres que Tchaikovsky xa era a transcrición habitual e coñecida en inglés do apelido ruso de fonética similar Chaikovskii (como o de Petr Ilich Chaikovskii, en ruso: Пётр Ильич Чайковский, tamén romanizado Čajkovskij). Posteriormente publicáronse co mesmo nome as edicións norteamericana e alemá do libro, así como as súas secuelas. Tchaikovsky expresou o seu desexo de que as edicións polacas das súas novelas fosen impresas co seu apelido orixinal, pero estas tamén usaron "Tchaikovsky".

Serie Shadows of the Apt (2008-2014)
  • Empire in Black and Gold (2008)
  • Dragonfly Falling (2009)
  • Blood of the Mantis (2009)
  • Salute the Dark (2010)
  • The Scarab Path (2010)
  • The Sea Watch (2011)
  • Heirs of the Blade (2011)
  • The Air War (2012)
  • War Master's Gate (2013)
  • Seal of the Worm (2014)
Serie Herdeiros do tempo (2015-)
Serie Echoes of the Fall (2016-2018)
  • The Tiger and the Wolf (2016)
  • The Bear and the Serpent (2017)
  • The Hyena and the Hawk (2018)
Novelas independentes
  • Guns of the Dawn (2015)
  • Spiderlight (2016)
  • Dogs of War (2017)
  • The Expert System's Brother (2018)
  • Redemption's Blade (2018)
  • Cage of Souls (2019)
  • Walking to Aldebaran (2019)
  1. "Adrian Tchaikovsky wins Arthur C Clarke Award for science fiction" (en inglés). 25 de agosto de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]