Saltar ao contido

Adela Cortina Orts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdela Cortina Orts

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Adela Cortina Editar o valor em Wikidata
13 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Valencia (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónFilósofa, profesora emérita e escritora
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua alemá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJesus Conill Sancho
Premios

BNE: XX884425 Dialnet: 3414801

Adela Cortina Orts nada en Valencia o 13 de xullo de 1947 é unha filósofa española, e Catedrática Emérita de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia que dirixe a Fundación Étnor, Ética dos Negocios e as Organizacións.[1] Entre outros premios e distincións obtivo o Premio Internacional de Ensaio Jovellanos e o Premio nacional de ensaio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras cursar Filosofía e Letras na Universidade de Valencia, ingresou no departamento de metafísica. En 1979, defendeu a súa tese doutoral, Dios en la filosofía trascendental kantiana.[2] Durante un tempo foi profesora en varios institutos de ensino medio. Unha bolsa de investigación permitiulle frecuentar a Universidade de Múnic, onde entrou en contacto coa teoría crítica, o pragmatismo e a ética marxista e, máis en concreto coa filosofía de Jürgen Habermas e Karl-Otto Apel.

Ao reintegrarse á actividade académica en España, orientou definitivamente os seus intereses de investigación cara á ética. En 1986 obtivo a cátedra de Filosofía Moral, cargo que mantivo até 2017.

É membro da Comisión Nacional de Reprodución Humana Asistida e Vogal do Comité Asesor de Ética da Investigación Científica e Tecnolóxica.

Pensamento[editar | editar a fonte]

O seu maxisterio sempre se viu ligado á economía, a empresa, a discriminación das mulleres, a guerra, a ecoloxía e a xenética. Son ámbitos igualmente cultivados pola autora nas súas obras.

A súa adhesión ás éticas discursivas de Apel e Habermas dá un paso máis ao establecer a ética dialóxica como unha importante base para o desenvolvemento dunha moral cívica, unha ética mínima que faga posible a coexistencia de diversas concepcións éticas propias das sociedades pluralistas dos tempos actuais.[3][4]

En artigos e conferencias, expresou a súa opinión sobre outros tantos aspectos da vida, que sometida a exame "merece ser vivida". Na década de 1990 acuña o concepto de aporofobia para referirse ao odio e rexeitamento cara á pobreza e as persoas pobres.[5][6]

En 2018 publícase o libro colectivo Ética e filosofía política. Homenaxe a Adela Cortina no que como homenaxe á súa xubilación como catedrática da Universidade de Valencia con firmas da filosofía que renden homenaxe ao seu pensamento.[7]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Dios en la filosofía trascendental de Kant, Universidad Pontificia de Salamanca, 1981, (45reknad).
  • Ética mínima: Introducción a la filosofía práctica. Madrid: Tecnos, 1986. 295 pp. ISBN 84-309-1748-9. (Prólogo de José Luis Aranguren), varias reedicións.
  • Ética sin moral. Madrid: Tecnos, 1990. 318 pp. ISBN 84-309-2642-9.
  • La moral del camaleón: ética política para nuestro fin de siglo, Madrid, Espasa-Calpe, 1991.
  • Ética aplicada y democracia radical, Madrid, Tecnos, 1993, varias reedicións.
  • Ética de la empresa: claves para una nueva cultura empresarial, Madrid, Tecnos, 1994.
  • Razón comunicativa y responsabilidad solidaria: ética y política en K. O. Apel, Salamanca, Sígueme, 1995.
  • Un mundo de valores, Generalitat Valenciana, 1996. Con Juan Escámez Sánchez e Estebán Pérez-Delgado.
  • Ética, Madrid, Akal, 1996. Con Emilio Martínez Navarro.
  • Ética e legislación en enfermería. Análisis sobre la responsabilidad profesional, Madrid, McGraw-Hill, 1996. Con María del Pilar Arroyo Gordo.
  • Educar para la justicia, Generalitat Valenciana, 1998. Con Juan Escámez Sánchez.
  • 10 palabras clave en filosofía política [colaboradores, Ángel Castiñeira et al.]. Estella, Navarra: Editorial Verbo Divino, 1998. 440 p.; 22 cm. ISBN 84-8169-161-5.
  • Los ciudadanos como protagonistas, Barcelona, Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, 1998.
  • Educar en la ciudadanía, Institución Alfonso el Magnánimo, 2001. Con Jesús Conill Sancho (coords.)
  • Alianza y Contrato: Política, Ética y Religión Madrid: Editorial Trotta, 2001. 182 pp. ISBN 978-84-8164-485-2.
  • Ética civil y religión, Madrid, Promoción Popular Cristiana, 2002.
  • Razón pública y éticas aplicadas: los caminos de la razón práctica en una sociedad pluralista, Madrid, Tecnos, 2003. Con Domingo García Marzá (ed. lit.)
  • Ética para la sociedad civil edición coordinada por Francisco Javier Peña Echevarría. Valladolid: Universidad de Valladolid, Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, 2003, 200 p.; 21 cm. ISBN 84-8448-231-6.
  • Por una ética del consumo. Taurus. 2002 ISBN 84-306-0485-5.
  • Construir confianza: Ética de la empresa en la sociedad de la información y las comunicaciones, Madrid, Trotta, 2003.
  • Consumo... luego existo, Barcelona, Cristianisme i Justícia, 2004. Con Ignasi Carreras Fisa. ISBN 84-9730-066-1.
  • Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía", Madrid, Alianza, 2005.
  • Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Ediciones Nobel. 2007. 274 p ISBN 978-84-8459-179-5.
  • La educación y los valores, (coord.) Madrid, Biblioteca Nueva, 2009.
  • Pobreza y libertad. Erradicar la pobreza desde el enfoque de Amartya Sen. Tecnos, 2009.
  • Las fronteras de la persona. El valor de los animales, la dignidad de los humanos.
  • Hasta un pueblo de demonios. Ética Pública y Sociedad. Taurus. 1998. ISBN 8430602984. 
  • Las raíces éticas de la democracia, Universidad de Valencia, 2010.
  • Justicia cordial, Madrid, Trotta, 2010.
  • Neuroética y neuropolítica: sugerencias para la educación moral. Madrid, Tecnos, 2011.
  • ¿Para qué sirve realmente...? la ética. Barcelona, Paidós, 2013 ISBN 978-84-493-2877-0.
  • Aporofobia: el rechazo al pobre. Barcelona, Paidós, 2017 ISBN 9788449333385

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ética y filosofía política. Homenaje a Adela Cortina. Varios autores. Colección Ventana Abierta. Tecnos 2018 ISBN 978-84-309-7404-7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fundación Étnor" (en castelán). Consultado o 2024-07-07. 
  2. Cortina Orts, Adela (1981). Dios en la filosofía transcendental de Kant. Bibliotheca Salmanticensis Estudios. Salamanca: Univ. Pontificia. ISBN 978-84-7299-083-8. 
  3. Cortina, Adela (Madrid, 2000). Ética mínima. Tecnos. 6ª edición. Consultado o 10/04/2022. 
  4. Cortina Orts, Adela (12-16 Enero 2004). "Etica discursiva y Educación en valores" (PDF). Consultado o 10/04/2022. 
  5. "Tribuna | Aporofobia". El País. 7 de marzo de 2000. Consultado o 11 de abril de 2017. 
  6. Pérez Oliva, Milagros (9 de mayo de 2017). "Cortina: “Lo que molesta de los inmigrantes es que sean pobres”". El País. Consultado o 9 de mayo de 2017. 
  7. "Ética y filosofía política. Homenaje a Adela Cortina" (en castelán). 2 de mayo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  8. "Personas galardonadas en todas las ediciones de los Premios Isabel Ferrer (1999-2019)". Generalitat Valenciana. 2019. Consultado o 20 de marzo de 2021. 
  9. "Adela Cortina Orts". Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (en castelán). Consultado o 2024-07-08. 
  10. "La filósofa Adela Cortina, nueva doctora “honoris causa” de la Universidad de Deusto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de julio de 2018. Consultado o 16 de julio de 2018. 
  11. "Condecoraciones de la Orden de Jaime I el Conquistador.". Arquivado dende o orixinal o 8 de septiembre de 2020. Consultado o 18 de noviembre de 2017. 
  12. "Adela Cortina, galardonada en los Premios de la Crítica Literaria Valenciana 2018 | Tribuna Feminista". Tribuna Feminista (en castelán). 23 de mayo de 2018. Consultado o 2 de julio de 2018. 
  13. Salamanca, Tribuna de (22 de junio de 2018). "Las filósofas Victoria Camps Cervera y Adela Cortina, nuevas doctoras honoris causa de la USAL" (en castelán). Consultado o 24 de junio de 2018. 
  14. "Ética y filosofía política. Homenaje a Adela Cortina". Red española de Filosofía (en castelán). 2 de mayo de 2018. Consultado o 21 de septiembre de 2018. 
  15. Roca, Ana Teresa (20 de septiembre de 2018). "Adela Cortina: “Todos los nacionalismos son un retroceso”" (en castelán). Consultado o 26 de septiembre de 2018. 
  16. Andrés Garvi Carvajal (Diciembre de 2018). "Premio Derechos Humanos “Personas” Adela Cortina" (113). 
  17. "Adela Cortina recibe el título honorífico docente de la UNAL". Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2020. Consultado o 27 de septiembre de 2019. 
  18. "Real Decreto 654/2024, de 2 de julio, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a doña Adela Cortina Orts.". Consultado o 2024-07-03. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]