Saltar ao contido

Abelleiro europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abelleiro europeo
Pernis apivorus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. apivorus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Taxonomía
 Combinación orixinal
Datas
 Período de incubación
32 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Mapas
Distribución
Conservación
Especie pouco preocupante
Cifras e dimensións
Masa49 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Envergadura1,26 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada2 Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaAccipitridae
XéneroPernis
EspeciePernis apivorus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Pernis apivorus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01cpq_ Editar o valor en Wikidata
ITIS175454 Editar o valor en Wikidata
OTT1035863 Editar o valor en Wikidata
UICN22694989 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O abelleiro europeo[1] ou miñato abelleiro[2] (Pernis apivorus) é unha ave de rapina especializada na captura de insectos, en especial avésporas e abellas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un miñato de entre 55 e 60 cm. de lonxitude e cunha envergadura de ás de ata 150 cm. Pesan entre 500 e 1000 g. Teñen a cola longa, o bico moito máis débil ca outras especies de falconiformes e ollos amarelos. A coloración das plumas é moi variable. A parte superior é en xeral castaña e a inferior máis clara. Os machos adultos adoitan ter a cabeza gris. En voo recoñécense polo corpo delgado e a cabeza relativamente pequena, que levan estricada ó xeito das pombas cando voan, e pola cola longa, que amosa dúas barras escuras e outra barra distal máis ancha tamén escura.

O abelleiro europeo vive en áreas preto das lindes dos bosques, claros de bosque, preto de campos cultivados ou de prados, en bosques pechados ou en asentamentos humanos nos que abunden os parques e zonas arboradas.

Fan os niños en árbores altas, preferentemente en áreas de bosque mesto, sempre preto de áreas despexadas.

Son aves migratorias, que aparecen en case toda Europa (agás o extremo norte) e no oeste de Asia entre abril e setembro. Teñen os seus cuarteis de inverno na África tropical. Ó seren migradores de longa distancia dependen da orientación magnética para atopar a ruta correcta cara ó sur, pero axúdanse tamén coa memoria visual dos accidentes xeográficos máis destacados, coma ríos e montañas. Seguen rutas migratorias moi precisas, para evitar no posible cruzar grandes extensións acuáticas, sobre as que non poderían atopar as correntes de aire que lles facilitan o voo. Deste xeito, cruzan o Mediterráneo polos estreitos de Xibraltar, e o Bósforo, ou cruzan sobre Israel.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A súa dieta componse principalmente de avespas e das súas larvas, o que lle é facilitado polas plumas duras da cabeza que o protexen contra as aguilloadas. Malia o seu nome, a importancia das abellas para a súa nutrición é menor. Comen tamén saltóns, anfibios e ás veces paxaros e mamíferos pequenos. A finais do verán as froitas forman tamén parte da súa alimentación.

Foi identificado como o primeiro depredador da avespa asiática (vespa velutina) en Europa.[3] Segundo diferentes estudos, ao alimentárense das larvas, reducen as poboación de obreiras de vespa velutina e, polo tanto, a presión desta especie invasora sobre a fauna local e as abellas do mel.[4][5]

Agás na primavera, cando as exhibicións dos machos durante o cortexo a fan máis visible, é unha ave reservada. Os machos reprodutores son moi territoriais, é habitual velos planeando aproveitando as correntes térmicas, coas ás estiradas e as puntas horizontais ou algo apuntadas cara a abaixo. Cando se moven en áreas de bosque, voan baixo e póusanse co corpo relativamente horizontal, coa cola caída.

A miúdo móvese inquedo na súa percha, dende a que busca posibles localizacións de alimento. Tamén saltan de pola en pola, axitando as ás durante o salto.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Pernis apivorus

Regresan ás áreas de cría entre finais de abril e maio. A época reprodutora vai de maio a xullo. Os dous membros da parella constrúen o niño arbóreo nun punto alto, que cobren con follas verdes. Poñen entre un e tres ovos, en xeral dous, que chocan unhas cinco semanas. Os pitos poden voar cando teñen uns 45 días.

Ameazas e protección

[editar | editar a fonte]

É unha especie protexida segundo as Normativas de protección de aves de 1979 da Unión Europea. Nalgúns países do sur de Europa e de Asia son cazados ilegalmente durante a viaxe migratoria.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. A Coruña: Baía Edicións. p. 463. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Macià, F. X.; Menchetti, M.; Corbella, C.; Grajera, J.; Vila, R. (2019-07-03). "Exploitation of the invasive Asian Hornet Vespa velutina by the European Honey Buzzard Pernis apivorus". Bird Study 66 (3): 425–429. ISSN 0006-3657. doi:10.1080/00063657.2019.1660304.
  4. Ocampo, Elena (2025-07-08). "El ave que se «come» a la velutina". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2025-07-09.
  5. "O miñato abelleiro". agalega.gal. Consultado o 2025-07-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gensbøl, Benny (1989). Collins guide to the Birds of Prey of Britain and Europe North Africa and the Middle East. William Collins Sons and Co Ltd. ISBN 0-00-219176-8.